Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Información do curso

Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA


Tipo Outros cursos
Código UNDIV260009
Nome Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria.

Información de contacto:  
 · Teléfono 647 343033
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Nesta sesión analízanse os distintos roles implicados nun proceso de acoso: vítima, persoa/s agresora/s, persoa/s observadoras e institución.

A partir de dinámicas e simulacións, búscase comprender as motivacións, as emocións e os efectos asociados a cada papel, para así promover estratexias de cambio e intervención positiva.

O obradoiro permite reflexionar sobre o papel que xogan a pasividade, o silencio e a complicidade no mantemento do acoso, e sobre como a educación pode transformar esas dinámicas en accións de apoio e solidariedade.

Enfócase especialmente na responsabilidade dos observadores como potenciais axentes de cambio

Entidades organizadoras

Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/10/2025 08:30 - 13/01/2026 23:59
Período de matrícula 14/01/2026 08:30 - 20/01/2026 23:59
Período de docencia 27/01/2026 - 27/01/2026

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Estudantado

PDI

PTXAS

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Obxectivos

  • Analizar os diferentes roles implicados nas situacións de acoso.
  • Comprender as dinámicas grupais que perpetúan a violencia.
  • Fomentar a reflexión ética e a responsabilidade individual ante o acoso.
  • Impulsar o paso da observación pasiva á intervención solidaria.
  • Dotar de ferramentas para actuar como axentes de cambio e apoio.

Profesorado

Félisindo Estévez García (Educador social).

Calendario

Martes, 27 de xaneiro 2026, de 15:30 horas a 18:30 horas.

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense. 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.

O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos