Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO
Información do curso
Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPIN16VI | ||||
Nome | Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | Esta actividade formativa ten como finalidade a mellora da competencia comunicativa en lingua escrita inglesa do profesorado da Universidade de Vigo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de inglés académico escrito insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://profesorado.uvigo.es/vicprof_gl/formacion/formacion/programa/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/12/2015 12:00 - 15/01/2016 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/03/2016 - 26/04/2016 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso esixirase a acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia en inglés no ano académico 2015-16. As persoas que non teñan o nivel ou teñan a acreditación caducada poderán presentarse a unha proba de nivel.
Obxectivos
- Formar ás persoas participantes en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa que lle sirvan para mellorar a súa competencia comunicativa en inglés académico escrito.
Calendario
Proba de nivel: 22 de febreiro ás 10.00 na Facultade de Filoloxía e Tradución. Pavillón A4B.
Calendario: 1, 3, 8, 10, 15, 17, 29, 31 de marzo, 5, 7, 12, 14, 19, 21 e 26 de abril.
Horario: de 12.00 a 14.00 horas.
Programa
- A estrutura de textos académicos (informes, resumos ou abstracts, artigos etc.): introdución, obxectivos marco teórico, metodoloxía, análise de datos e resultados, conclusión, obras citadas.
- Vocabulario e gramática para textos académicos:
- Uso dos tempos verbais en cada unha das partes dun texto académico
- A voz pasiva
- Linguaxe para referirse a traballos doutros investigadoras/es
- Linguaxe para resumir ou recapitular, anunciar contidos, referencias cruzadas
- A formulación de hipóteses
- Cohesión e coherencia: conectores e expresións para enlazar, contrastar, engadir, modificar etc.
- Léxico para describir distintos tipos de gráficos e táboas
- Afixación: Prefixos e sufixos máis habituais no vocabulario científico
- Puntuación
- Números, abreviaturas científicas e símbolos matemáticos
- Manexo dos singulares e plurais, contables e incontables
- Hedging
- Erros frecuentes de vocabulario, preposicións e "falsos amigos"
- Correo electrónico: comunicación con editores/as de revistas científicas, organizadores/as de congresos, profesorado, centros de investigación, oficinas de relacións internacionais e outras administracións
Impartido en
Campus de Vigo. Aula A3 do pavillón A da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a 12 sesións presenciais completas das 15 que ten o curso.
Profesorado
Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo