Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIN16VI
Nome Curso de inglés académico escrito - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade a mellora da competencia comunicativa en lingua escrita inglesa do profesorado da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de inglés académico escrito  insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2016. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/12/2015 12:00 - 15/01/2016 23:59
Período de docencia 01/03/2016 - 26/04/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A actividade formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso esixirase a acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán  preferencia aquelas persoas que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia en inglés no ano académico 2015-16. As persoas que non teñan o nivel ou teñan a acreditación caducada poderán presentarse a unha proba de nivel.

Obxectivos

  • Formar ás persoas participantes en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa que lle sirvan para mellorar a súa competencia comunicativa en inglés académico escrito.

Calendario

Proba de nivel: 22 de febreiro ás 10.00 na Facultade de Filoloxía e Tradución.  Pavillón A4B.

Calendario: 1, 3, 8, 10, 15, 17, 29, 31 de marzo, 5, 7, 12, 14, 19, 21 e 26 de abril.

Horario: de 12.00 a 14.00 horas.

Programa

  1. A estrutura de textos académicos (informes, resumos ou abstracts, artigos etc.): introdución, obxectivos marco teórico, metodoloxía, análise de datos e resultados, conclusión, obras citadas.

  2. Vocabulario e gramática para textos académicos:
    1. Uso dos tempos verbais en cada unha das partes dun texto académico
    2. A voz pasiva
    3. Linguaxe para referirse a traballos doutros investigadoras/es
    4. Linguaxe para resumir ou recapitular, anunciar contidos, referencias cruzadas
    5. A formulación de hipóteses

  3. Cohesión e coherencia: conectores e expresións para enlazar, contrastar, engadir, modificar etc.

  4. Léxico para describir distintos tipos de gráficos e táboas

  5. Afixación: Prefixos e sufixos máis habituais no vocabulario científico

  6. Puntuación

  7. Números, abreviaturas científicas e símbolos matemáticos

  8. Manexo dos singulares e plurais, contables e incontables

  9. Hedging

  10. Erros frecuentes de vocabulario, preposicións e "falsos amigos"

  11. Correo electrónico: comunicación con editores/as de revistas científicas, organizadores/as de congresos, profesorado, centros de investigación, oficinas de relacións internacionais e outras administracións

Impartido en

Campus de Vigo. Aula A3 do pavillón A da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a 12 sesións presenciais completas das 15 que ten o curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos