Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12
Información do curso
AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.
Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | 923 | ||||
Nome | Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12 |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 45 | ||||
Descrición | Curso de italiano impartido en Vigo e Ourense. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 81 22 50 | ||||
· Fax | 986 81 86 49 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Curso de lingua italiana ofertado en dous niveis: A1 e A2.1.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/07/2011 08:30 - 19/09/2011 14:30 |
---|---|
Período de docencia | A partir do 26/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos ECTS | 1 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
- Nivel A1: persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse na aprendizaxe da lingua italiana.
- Nivel A2.1: persoas maiores de 16 anos cun nivel A1 do MCER interesadas en mellorar os seus coñecementos de lingua italiana.
Obxectivos
Nivel A1:
- Entender e usar expresións cotiás de uso moi frecuente e frases moi básicas coa finalidade de satisfacer necesidades comúns moi concretas.
- Presentarse a si mesmo e a outras persoas. Responder a preguntas sobre detalles persoais, como onde vive, a que persoas coñece, que cousas posúe.
- Interactuar dun modo sinxelo cunha persoa que fale claramente e que estea disposta a colaborar na interacción.
Nivel A2.1:
- Entender frases e usar expresións de uso frecuente relativas aos ámbitos da casa, a familia, o tempo metereolóxico, os deportes, as comidas e bebidas, as profesións, as partes do corpo, os medios de comunicación, a vida universitaria, os mobles e o mundo do traballo.
- Comunicarse de forma sinxela intercambiando informacións, expresando dúbida, acordo e desacordo.
- Ser quen de describir o seu entorno fisico e familiar e de expresar de forma sinxela as suas necesidades máis inmediatas.
Condicións de acceso
Calendario
Horarios:
CAMPUS DE VIGO
- Nivel A1: martes e xoves de 18.00 a 20.00
- Nivel A2.1: martes e xoves de 16.00 a 18.00
CAMPUS DE OURENSE
- Nivel A1: luns e mércores de 16.00 a 18.00
Programa
Nivel A1:
- Nomes comúns: masculino e femenino, singular e plural.
- Artigos determinativos e indeterminativos.
- Concordancia nome-adxectivo.
- O presente de indicativo, o passato prossimo. O imperfecto. Verbos irregulares mais frecuentes.
- Pronomes persoais suxieto. Adxectivos posesivos e pronomes demonstrativos. Pronomes directos.
- Preposicións semplici e articolate.
- Adverbios de afirmación e negación. Ci presentativo. Adverbios de tempo e lugar. Exclamacións e interaccións. Fórmulas de contacto.
- Léxico: Cores. Roupa. Familia. Momentos do día, semana, meses e estacións. A casa. A cidade. Lugares públicos. Direccións. Transporte. Comida. Comunicación telefónica. Oficios. Accions diarias. Metereoloxía. Aspecto físico. Tempo libre.
Nivel A2.1:
- Os verbos dovere, potere, volere.
- Os verbos impersoais.
- As expresións interrogativas.
- Os números.
- Os adxectivos e pronomes demostrativos e posesivos.
- Os pronomes directos e indirectos.
- Os pronomes tónicos.
- Concordancia do participio pasado.
- Os adverbios de modo, tempo e frecuencia.
- Os pronomes relativos.
- O comparativo e superlativo.
- As preposicións.
- Os tempos verbais:
- revisión do indicativo, futuro simple e composto e passato prossimo.
- presentación do imperfetto, contraste entre imperfetto e passato prossimo, trapassato prossimo, imperativo e presente do condicional.
Modo de pagamento
Prezo:
- Membros da comunidade universitaria de Vigo: 135€
- Público xeral: 180€
O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 923
Impartido en
- Campus de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución. Aula por determinar
- Campus de Ourense: Facultade de Dereito. Aula 1.2
Observacións
Pasos para matricularse:
1. Rexistrarse en https://bubela.uvigo.es . Se xa estás rexistrado, só é necesario facer a inscrición online no curso.
2. Facer a inscrición online no curso, seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso (Número de conta: 0049 6141 98 2510007984).
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es , por fax ao número 986 81 86 49, ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Pavillón Central). En ningún caso se entregará a documentación por Rexistro.
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de matrícula, cómpre poñerse en contacto co Centro de Linguas.
*Documentación requirida:
- Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
- Fotocopia do DNI.
- Xustificante de ingreso bancario.
- No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).
IMPORTANTE: As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que reciba a documentación no Centro de Linguas).
Devolución de taxas (descargar impreso aquí)
Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:
- Cancelación do curso no que o estudante se matriculou
- Limitación de prazas
- Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará documentalmente. A xustificación presentarase xunto co impreso de solicitude de devolución de taxas por Rexistro Xeral na primeira semana do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.
Titulación
NIVEL A1:
Diploma acreditativo de nivel A1 para aqueles alumnos que superen o exame ao final do primeiro cuadrimestre. Diploma de asistencia para aqueles alumnos que non superen o exame final pero asistan a un 85% das clases como mínimo.
NIVEL A2.1:
Diploma de asistencia no que se especifica o número de horas e créditos. Para a súa obtención, é necesario asistir a un 85% das clases como mínimo. O diploma acreditativo de nivel A2 acadarase ao final do segundo cuadrimestre tras superar o exame correspondente.