Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12


Tipo Curso de idiomas
Código 923
Nome Curso Cuadrimestral de Italiano 1º C - 2011/12
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 45
Descrición

Curso de italiano impartido en Vigo e Ourense.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Curso de lingua italiana ofertado en dous niveis: A1 e A2.1. 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/07/2011 08:30 - 19/09/2011 14:30
Período de docencia A partir do 26/09/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos ECTS 1
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

  • Nivel A1: persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse na aprendizaxe da lingua italiana.
  • Nivel A2.1: persoas maiores de 16 anos cun nivel A1 do MCER interesadas en mellorar os seus coñecementos de lingua italiana.

Obxectivos

Nivel A1:

  1. Entender e usar expresións cotiás de uso moi frecuente e frases moi básicas coa finalidade de satisfacer necesidades comúns moi concretas.
  2. Presentarse a si mesmo e a outras persoas. Responder a preguntas sobre detalles persoais, como onde vive, a que persoas coñece, que cousas posúe.
  3. Interactuar dun modo sinxelo cunha persoa que fale claramente e que estea disposta a colaborar na interacción.
  4. 

Nivel A2.1:

  1. Entender frases e usar expresións de uso frecuente relativas aos ámbitos da casa, a familia, o tempo metereolóxico, os deportes, as comidas e bebidas, as profesións, as partes do corpo, os medios de comunicación, a vida universitaria, os mobles e o mundo do traballo.
  2. Comunicarse de forma sinxela intercambiando informacións, expresando dúbida, acordo e desacordo.
  3. Ser quen de describir o seu entorno fisico e familiar e de expresar de forma sinxela as suas necesidades máis inmediatas.

Condicións de acceso

 

Calendario

Horarios:

CAMPUS DE VIGO

  • Nivel A1: martes e xoves de 18.00 a 20.00
  • Nivel A2.1: martes e xoves de 16.00 a 18.00
  •  

CAMPUS DE OURENSE

  • Nivel A1: luns e mércores de 16.00 a 18.00

Programa

Nivel A1:

  1. Nomes comúns: masculino e femenino, singular e plural.
  2. Artigos determinativos e indeterminativos.
  3. Concordancia nome-adxectivo.
  4. O presente de indicativo, o passato prossimo. O imperfecto. Verbos irregulares mais frecuentes.
  5. Pronomes persoais suxieto. Adxectivos posesivos e pronomes demonstrativos. Pronomes directos.
  6. Preposicións semplici e articolate.
  7. Adverbios de afirmación e negación. Ci presentativo. Adverbios de tempo e lugar. Exclamacións e interaccións. Fórmulas de contacto.
  8. Léxico: Cores. Roupa. Familia. Momentos do día, semana, meses e estacións. A casa. A cidade. Lugares públicos. Direccións. Transporte. Comida. Comunicación telefónica. Oficios. Accions diarias. Metereoloxía. Aspecto físico. Tempo libre.

Nivel A2.1

  1. Os verbos dovere, potere, volere.
  2. Os verbos impersoais.
  3. As expresións interrogativas.
  4. Os números.
  5. Os adxectivos e pronomes demostrativos e posesivos.
  6. Os pronomes directos e indirectos.
  7. Os pronomes tónicos.
  8. Concordancia do participio pasado.
  9. Os adverbios de modo, tempo e frecuencia.
  10. Os pronomes relativos.
  11. O comparativo e superlativo.
  12. As preposicións.
  13. Os tempos verbais:
    • revisión do indicativo, futuro simple e composto e passato prossimo.
    • presentación do imperfetto, contraste entre imperfetto e passato prossimotrapassato prossimo, imperativo e presente do condicional.

Modo de pagamento

Prezo:

  • Membros da comunidade universitaria de Vigo: 135€
  • Público xeral: 180€

O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 923

Impartido en

  • Campus de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución. Aula por determinar 
  • Campus de Ourense: Facultade de Dereito. Aula 1.2

Observacións

Pasos para matricularse:

1. Rexistrarse en https://bubela.uvigo.es . Se xa estás rexistrado, só é necesario facer a inscrición online no curso.
2. Facer a inscrición online no curso, seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso (Número de conta: 0049 6141 98 2510007984).
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.espor fax ao número 986 81 86 49, ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Pavillón Central). En ningún caso se entregará a documentación por Rexistro.
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de matrícula, cómpre poñerse en contacto co Centro de Linguas. 

*Documentación requirida:

  • Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).

IMPORTANTE: As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que reciba a documentación no Centro de Linguas).

Devolución de taxas (descargar impreso aquí

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

  1. Cancelación do curso no que o estudante se matriculou
  2. Limitación de prazas
  3. Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará documentalmente. A xustificación presentarase xunto co impreso de solicitude de devolución de taxas por Rexistro Xeral na primeira semana do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

Titulación

NIVEL A1:

Diploma acreditativo de nivel A1 para aqueles alumnos que superen o exame ao final do primeiro cuadrimestre. Diploma de asistencia para aqueles alumnos que non superen o exame final pero asistan a un 85% das clases como mínimo.

NIVEL A2.1:

Diploma de asistencia no que se especifica o número de horas e créditos. Para a súa obtención, é necesario asistir a un 85% das clases como mínimo. O diploma acreditativo de nivel A2 acadarase ao final do segundo cuadrimestre tras superar o exame correspondente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos