Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP5104
Nome Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 18
Descrición A Biblioteca Universitaria de Vigo proporciona acceso a unha ampla variedade de recursos electrónicos. Con este curso preténdese acadar un maior coñecemento, difusión e uso destes recursos entre o profesorado, así coma doutras ferramentas de acceso libre na rede, fundamentais para a actividade docente e investigadora.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso "Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e invetigación no EEES" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/07/2010 12:00 - 14/10/2010 23:59
Período de docencia 18/10/2010 - 04/11/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Instruir o persoal docente e investigador nos recursos chave e nas técnicas para encontrar e xestionar información científica e académica.
  2. Identificar e localizar outros recursos de información de acceso libre de interese académico e científico.
  3. Desenvolver estratexias de busca básicas e avanzadas para a busca e recuperación da información.
  4. Crear e xestionar alertas de publicacións ou temáticas en bases de datos ou portais de revistas.
  5. Recompilar, xestionar e compartir a información utilizando un xestor de referencias bibliográficas.
  6. Utilizar as ferramentas da Web 2.0 coma medio para a comunicación científica e o traballo colaborativo.

Profesorado

JULIA JIMÉNEZ LÓPEZ

ANTÍA SALGADO GARCÍA

SILVIA PATIÑO BOUZAS

ELENA MARCOS RODRÍGUEZ

CARLOS MARQUÉS SOLLA

HÉCTOR CASTRO REY

Programa

Faranse breves explicacións teóricas acompañadas de demostracións, que faciliten a realización de prácticas e exercicios por parte do alumnado.

  1. Bases de datos multidisciplinares: CSIC, WOK e Scopus
  2. Pórtico: acceso conxunto aos recursos electrónicos
  3. As revistas electrónicas e SFX
  4. Outras fontes de información: Dialnet e buscadores científicos
  5. Acceso aberto á literatura científica (Open access)
  6. Ferramentas para a avaliación da actividade investigadora
  7. Xestores de referencias bibliográficas: Refworks
  8. A Web 2.0 como ferramenta para a investigación e a comunicación científica.

Calendario

O curso celebrarase os días:

18, 20, 25 e 27 de outubro e 2 e 4 de novembro de 16:00 a 19:00

Impartido en

Aula Informática da Casa das Campás

Campus de Pontevedra

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a cinco sesións completas das seis que ten o curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos