Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra)
Información do curso
Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPP5104 | ||||
| Nome | Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e investigación no EEES (Campus de Pontevedra) |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 18 | ||||
| Descrición | A Biblioteca Universitaria de Vigo proporciona acceso a unha ampla variedade de recursos electrónicos. Con este curso preténdese acadar un maior coñecemento, difusión e uso destes recursos entre o profesorado, así coma doutras ferramentas de acceso libre na rede, fundamentais para a actividade docente e investigadora. | ||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986813596 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
O curso "Recursos da Biblioteca Universitaria de Vigo para a docencia e invetigación no EEES" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 19/07/2010 12:00 - 14/10/2010 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 18/10/2010 - 04/11/2010 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Instruir o persoal docente e investigador nos recursos chave e nas técnicas para encontrar e xestionar información científica e académica.
- Identificar e localizar outros recursos de información de acceso libre de interese académico e científico.
- Desenvolver estratexias de busca básicas e avanzadas para a busca e recuperación da información.
- Crear e xestionar alertas de publicacións ou temáticas en bases de datos ou portais de revistas.
- Recompilar, xestionar e compartir a información utilizando un xestor de referencias bibliográficas.
- Utilizar as ferramentas da Web 2.0 coma medio para a comunicación científica e o traballo colaborativo.
Profesorado
JULIA JIMÉNEZ LÓPEZ
ANTÍA SALGADO GARCÍA
SILVIA PATIÑO BOUZAS
ELENA MARCOS RODRÍGUEZ
CARLOS MARQUÉS SOLLA
HÉCTOR CASTRO REY
Programa
Faranse breves explicacións teóricas acompañadas de demostracións, que faciliten a realización de prácticas e exercicios por parte do alumnado.
- Bases de datos multidisciplinares: CSIC, WOK e Scopus
- Pórtico: acceso conxunto aos recursos electrónicos
- As revistas electrónicas e SFX
- Outras fontes de información: Dialnet e buscadores científicos
- Acceso aberto á literatura científica (Open access)
- Ferramentas para a avaliación da actividade investigadora
- Xestores de referencias bibliográficas: Refworks
- A Web 2.0 como ferramenta para a investigación e a comunicación científica.
Calendario
O curso celebrarase os días:
18, 20, 25 e 27 de outubro e 2 e 4 de novembro de 16:00 a 19:00
Impartido en
Aula Informática da Casa das Campás
Campus de Pontevedra
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a cinco sesións completas das seis que ten o curso.


