Atopa o teu curso
Área de Normalización Lingüística
Información sobre o grupo de cursos
PRESENTACIÓN
A Área de Normalización Lingüística é unha área académica da universidade que ten como misión contribuír á promoción e utilización da lingua galega nas actividades da universidade. No ámbito da formación lingüística organizamos diversos de cursos dirixidos á comunidade universitaria cos obxectivos de contribuír á mellora da competencia oral e escrita na lingua galega e de fomentar o coñecemento da realidade socio-cultural en que se insiren as prácticas lingüísticas.
Estas actividades formativas realízanse no marco do convenio para a promoción da normalización lingüística na Universidade de Vigo asinado coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística.
Universidade de Vigo |
web: anl.uvigo.es
Ordenar por: Nome | Modalidade | Tipo | Preinscrición | Matrícula
(Curso de idiomas) - virtual
Curso dirixido a persoas que xa posúen un nivel medio ou medio-alto de galego e queiran mellorar a calidade lingüística e aumentar a súa competencia comunicativa en lingua galega. |
Período de matrícula: 05/02/2024 09:00 - 20/02/2024 14:00 Período de docencia: 01/04/2024 - 03/05/2024 |
(Curso de idiomas) -
Estudantes de programas de intercambio, PAS e PDI da UVigo proveniente de fóra de Galicia. Students exchange programme, |
Período de matrícula: 05/02/2024 09:00 - 23/02/2024 23:59 Período de docencia: 05/03/2024 - 30/04/2024 |
(Curso de idiomas) - virtual
Este curso quere achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun nivel de calidade que se corresponda co uso propio da lingua galega en ámbitos administrativos e xurídicos. |
Período de matrícula: 05/02/2024 09:00 - 20/02/2024 14:00 Período de docencia: 02/04/2024 - 03/05/2024 |