Atopa o teu curso

Área de Normalización Lingüística

Información sobre o grupo de cursos

PRESENTACIÓN

* A Área de Normalización Lingüística é unha área académica da universidade que ten como misión contribuír á promoción e utilización da lingua galega nas actividades da universidade.

* No ámbito da formación lingüística organizamos diversos de cursos dirixidos á comunidade universitaria cos obxectivos de contribuír á mellora da competencia oral e escrita na lingua galega e de fomentar o coñecemento da realidade socio-cultural en que se insiren as prácticas lingüísticas.

* Estas actividades formativas realízanse no marco do convenio para a promoción da normalización lingüística na Universidade de Vigo asinado coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística.


Área de Normalización Lingüística

Universidade de Vigo
Rúa das Cumieiras, s/n
Edificio Isaac Newton, 1º andar, porta 15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tfno.: 986 81 35 74

web: anl.uvigo.es

Ordenar por: Nome  |  Modalidade  |  Tipo  |  Preinscrición  |  Matrícula  

A calidade lingüística na universidade
(Curso de idiomas) -

Curso destinado a mellorar a calidade das comunicacións escritas e orais na universidade.

Período de matrícula:
02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00

Período de docencia:
02/03/2026 - 06/04/2026
Corrección da escrita coas TIC
(Curso de idiomas) -

Curso destinado a persoas interesadas en coñecer as utilidades das TIC para a lingua galega.

Período de matrícula:
02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00

Período de docencia:
03/03/2026 - 06/04/2026
Curso de iniciación á lingua galega
(Curso de idiomas) -

Estudantes de programas de intercambio, PTXAS e PDI da UVigo proveniente de fóra de Galicia.

Students exchange programme

Período de matrícula:
02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00

Período de docencia:
26/02/2026 - 28/04/2026
Curso de linguaxe administrativa e xurídica
(Curso de idiomas) - virtual

Este curso quere achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun nivel de calidade que se corresponda co uso propio da lingua galega en ámbitos administrativos e xurídicos.

Período de matrícula:
02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00

Período de docencia:
07/04/2026 - 04/05/2026
Os erros máis frecuentes na lingua galega
(Curso de idiomas) -

Curso destinado a persoas interesadas en repasar e mellorar os seus coñecementos lingüísticos.

Período de matrícula:
02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00

Período de docencia:
06/04/2026 - 30/04/2026

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos