Atopa o teu curso

Información do curso

COMPETENCIAS DIRECTIVAS


Tipo Curso Complementario
Código CV031103
Nome COMPETENCIAS DIRECTIVAS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 986814086
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento - Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores -Área de Emprego

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/07/2011 00:00 - 23/09/2011 23:59
Período de matrícula 01/09/2011 00:00 - 23/09/2011 23:59
Período de docencia 26/09/2011 - 30/09/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 35
Número máximo de participantes 35
Créditos teóricos 2
Créditos prácticos 0.3
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O curso diríxese a calquera persoa que, independentemente da súa formación previa, queira coñecer, comprender e saber aplicar as técnicas e os instrumentos vinculados á dirección e colaboración con persoas e equipos. Os temas tratados son de aplicación a todas as contornas profesionais e, por conseguinte, a súa utilidade esténdese a todas as áreas das organizacións e grupos sociais. As competencias de traballo en equipo, xestión do tempo, aplicación de técnicas de creatividade ou comunicación asertiva constitúen elementos necesarios para o desenvolvemento persoal en todos os ambientes laborais.

Condicións de acceso

1.-Membros da comunidade universitaria, e
2.-Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

Seleccionaranse un máximo de 35 alumnos/as.
Asignaranse as prazas dispoñibles por rigorosa orde de solicitude de inscrición na plataforma BUBELA.

Calendario

Calendario:
- do 26 ao 29 de setembro de 2011, en horario de 9:00 a 14:00 horas
- 30 de setembro de 2011 (visita a empresa), en horario de 10:00 a 13:00 horas

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

  • Creatividade e Innovación (26 de Setembro)
    • Docente: Trinidad Domínguez Vila (Profesora da Universidade de Vigo)
  • Xestión do tempo (27 de Setembro)
    • Docente: Juan José Molinos Casal (Profesor da Universidade de Vigo e secretario da Confederación Empresarial de Ourense -CEO-)
  • Traballo en equipo (28 de setembro)
    • Docente: Avelino Cerdeira Penelas (Responsable de Proxectos de Recursos Humanos en Improvia)
  • Obradoiro de debate (29 de setembro)
    • Docentes: Joaquín Dosil Díaz (Profesor da Universidade de Vigo e socio de Qcoach) e Daniel Álvarez Lamas (socio de Qcoach)

MÓDULOS PRÁCTICOS:

  • Visita a Centro Tecnolóxico AIMEN (30 de setembro).

Modo de pagamento

En calquera oficina de Novacaixagalicia, indicando o nome ou código do curso.

Importe da matrícula: 8,55 €

Impartido en

Sala I Edificio Miralles. Campus de Vigo

Sistema de avaliación

Para a avaliación do alumnado terase en conta:

1º Asistencia presencial ás clases (ao menos ao 80% do curso)
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos