COMPETENCIAS DIRECTIVAS
Información do curso
COMPETENCIAS DIRECTIVAS
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CV031103 | ||||
Nome | COMPETENCIAS DIRECTIVAS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986814086 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento - Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores -Área de Emprego
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/07/2011 00:00 - 23/09/2011 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2011 00:00 - 23/09/2011 23:59 |
Período de docencia | 26/09/2011 - 30/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 35 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos teóricos | 2 |
Créditos prácticos | 0.3 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
O curso diríxese a calquera persoa que, independentemente da súa formación previa, queira coñecer, comprender e saber aplicar as técnicas e os instrumentos vinculados á dirección e colaboración con persoas e equipos. Os temas tratados son de aplicación a todas as contornas profesionais e, por conseguinte, a súa utilidade esténdese a todas as áreas das organizacións e grupos sociais. As competencias de traballo en equipo, xestión do tempo, aplicación de técnicas de creatividade ou comunicación asertiva constitúen elementos necesarios para o desenvolvemento persoal en todos os ambientes laborais.
Condicións de acceso
1.-Membros da comunidade universitaria, e
2.-Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Seleccionaranse un máximo de 35 alumnos/as.
Asignaranse as prazas dispoñibles por rigorosa orde de solicitude de inscrición na plataforma BUBELA.
Calendario
Calendario:
- do 26 ao 29 de setembro de 2011, en horario de 9:00 a 14:00 horas
- 30 de setembro de 2011 (visita a empresa), en horario de 10:00 a 13:00 horas
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
- Creatividade e Innovación (26 de Setembro)
- Docente: Trinidad Domínguez Vila (Profesora da Universidade de Vigo)
- Xestión do tempo (27 de Setembro)
- Docente: Juan José Molinos Casal (Profesor da Universidade de Vigo e secretario da Confederación Empresarial de Ourense -CEO-)
- Traballo en equipo (28 de setembro)
- Docente: Avelino Cerdeira Penelas (Responsable de Proxectos de Recursos Humanos en Improvia)
- Obradoiro de debate (29 de setembro)
- Docentes: Joaquín Dosil Díaz (Profesor da Universidade de Vigo e socio de Qcoach) e Daniel Álvarez Lamas (socio de Qcoach)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
- Visita a Centro Tecnolóxico AIMEN (30 de setembro).
Modo de pagamento
En calquera oficina de Novacaixagalicia, indicando o nome ou código do curso.
Importe da matrícula: 8,55 €
Impartido en
Sala I Edificio Miralles. Campus de Vigo
Sistema de avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta:
1º Asistencia presencial ás clases (ao menos ao 80% do curso)
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.