Información do curso
COACHING (ENTRENAMENTO ) PARA O DESEMPEÑO: POTENCIACIÓN DE HABILIDADES
Tipo |
Actividade de formación |
|
Código |
AF032001 |
Nome |
COACHING (ENTRENAMENTO ) PARA O DESEMPEÑO: POTENCIACIÓN DE HABILIDADES |
 |
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Horas |
10 |
Descrición |
Nacido en Estados Unidos a mediados dos anos oitenta, o Coaching (entrenamento de persoas en ámbetos profesionais) vense aplicando en Europa dende comezos do ano 2000 con excelentes resultados prácticos e documentados no mundo académico, empresarial e privado. |
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
986-814070/647343254 |
|
· Fax |
986-814069 |
· Enderezo electrónico |
|
Compartir: |
|
Descrición
Nacido en Estados Unidos a mediados dos anos oitenta, o Coaching (entrenamento de persoas en ámbetos profesionais) vense aplicando en Europa dende comezos do ano 2000 con excelentes resultados prácticos e documentados no mundo académico, empresarial e privado.
Trátase dun entrenamento realizado baixo a demanda de líderes, equipos ou organizacións, que desexan acadar a excelencia mediante a suma de habilidades técnicas (hard) e interpersonais (soft). O Coaching acompaña, apoia, anima, inspira, desafía cara o desenvolvemento do máximo potencial propiciando o logro de obxectivos personais e profesionais.
A excelencia é unha característica cada vez máis implantada na descripción dun campus universitario de referencia. Vivimos en tempos nos que se busca a excelencia en tódalas súas vertentes e onde xa non abonda con ser bós, senón que se salienta a importancia de ser os/as mellores.
Nun mundo de cambios vertixinosos, mercados globais, ausencia de fronteiras informáticas, competencia crecente, formación e oportunidades xeneralizadas, o diferencial entre unha persoa ou outra, un equipo ou outro, unha organización ou outra, está na fortaleza das habilidades relacionais e creativas vinculadas ao que Goleman denominou Intelixencia Emocional.
Relacionais, porque se pon á persoa no centro da escena, é o foco. Creativas, porque é urxente descubrir novas solucións a novos desafíos. Falamos de capital social; o mundo precisa tanto do máximo desenvolvemento de cada persoa como da suma de talentos. O efecto colateral de ámbolos dous desenvolvementos é a excelencia productiva, académica, cognitiva, artística ou vital.
A principal motivación é invertir no potencial das persoas, no seu talento. Na sociedade do coñecemento o talento revélase como a principal forza, sen embargo, as organizacións galegas (incluídas institucións como a universidade) só aproveitan unha pequena porcentaxe dese talento. Se queremos líderes nos distintos campos do coñecemento, ademáis dun labor docente e investigador ao máximo nivel, destacamos a necesidade imperiosa dunha magnífica xestión.
Dende a dirección do Dpto. de Física Aplicada, subliñando que traballamos nunha institución que ten como principal obxectivo crear coñecemento, plantexamos un curso teórico-práctico de Coaching (Entrenamento) para o desempeño (ferramentas para o auto-desenvolvemento competencial) que potencie: habilidades de liderazgo, relacionais e de comunicación. Isto, quizais poida representar un punto de inflexión entre quedarse na base ou acadar a excelencia académica que demandan as universidades.
Entidades organizadoras
José Peleteiro Salgado, director do Dpto. de Física Aplicada
Mercedes Palanca Glez., secretaria do Dpto. de Física Aplicada
Verónica Salgueiriño Maceira, investigadora Ramón y Cajal do Dpto. de Física Aplicada
Información sobre o calendario (datas)
Destinatarios/as
membros del Dpto. de Física Aplicada
Obxectivos
-Actitude positiva no traballo: creer para crear.
-Recoñecer e obter o máximo rendemento posible das diferencias individuais: detectar e alentar o talento diferencial de cada ser humano para obter a máxima satisfacción persoal, académica e productiva.
-Excelencia: traballar na mellora do día a día, aprender a buscar o cambio contínuo (a mellora contínua), a innovación, adquisición de novos coñecementos (teóricos e prácticos).
-Integridade persoal e profesional: cando a ética xoga ao noso favor alineando valores-crenzas e accións.
-Liderazgo no traballo: pro-actividade na procura de solucións, alternativas, sinerxias… Liderazgo moral (outórgasenos) ademais de xerárquico (imponse).
-Transformación de grupos en equipos;
De directores/as en líderes;
De departamentos en sistemas de relacións.
-Imaxinación e Creatividade (senón atopas unha solución lóxica ao problema, utiliza a imaxinación, Einstein dixit).
Resolución de conflictos mediante técnicas de asertividade (comunicación empática).
-Traballo en Redes: sociais, profesionais, inter-departamentais: cando a suma… multiplica os resultados.
-Branding ou proxección de marca persoal. Facer visibles os esforzos para que sexan recoñecidos.
Criterios de selección
Teñen preferencia de matrícula os/as profesores/as. En todo caso, resérvanse 7 prazas para investigadores en formación e 3 para PAS do dpto.
Calendario
28 e 29 de xuño de 2010
Programa
-O Coaching, poderosa ferramenta profesional do século XXI. Introducción.
O Coaching como estilo de liderazgo de equipos: potenciar o mellor das persoas, os equipos e mailas organizacións.
-Técnicas de creatividade aplicadas á resolución de bloqueos e a búsca activa de solucións. Introducción.
Reunións eficaces versus reuniones delegadas. Roles de equipo, Belbin…
-A comunicación eficaz en contextos docentes e profesionais. Introducción.
As chaves da empatía, base das relacións interpersonais e do excelente clima laboral. Introducción.
-Exploración de redes sociais, personais, laborais na era do coñecemento como parte do desenvolvemento de carreira. Introducción.
O sentido último do vivir e o traballar. Os valores. Introducción.
Deseño de obxectivos personais e profesionais. Introducción.
Modo de pagamento
gratuito para os membros do Dpto.
Impartido en
Facultade de Ciencias do Mar, bloque C, aula 15
Profesorado
Azucena Vega Amuchástegui
Coach Profesional Certificada ICF (USA), pionera del Coaching en el País Vasco (2002), con más de 4000 horas de experiencia en pymes y multinacionales, especializada en el entrenamiento de líderes y equipos de empresa. Entrenada con los mejores referentes internacionales: Sir John Whitmore (Inglaterra), Alain Cardon (Francia) y Robert Dilts (Estados Unidos).
Licenciada en Ciencias de la Información por la Universidad del País Vasco, trabajó casi dos décadas para RTVE, coordinó talleres de escritura y creatividad y publicó dos libros.
Es colaboradora habitual y articulista de prensa especializada y generalista, bloggera (www.azucenavegacoach.com), conferenciante y docente en universidades, escuelas de negocios, cámaras de comercio etc.
Desde su fundación pertenece a la Asociación Española de Coaching, ASESCO. También es un miembro activo de la Asociación de Empresarios de Guipúzcoa, ADEGI y de La Agencia Vasca para la innovación, INNOBASQUE.