CURSO DE FORMACION NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL

Información do curso

CURSO DE FORMACION NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL


Tipo Curso de Formación
Código FX061001
Nome CURSO DE FORMACION NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Descrición O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran as competencias necesarias para manexarse no dia a dia cun dos impostos a priori mais sinxelos do sistema fiscal pero que na sua aplicación práctica resulta ser dos mais complexos debido á sua "casuística".
Información de contacto:  
 · Teléfono 988 368760
 · Fax 986 812505
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Para a consecución dos anteriores obxectivos disporase de sesións teóricas (análise da lexislación) e prácticas (resolución de múltiples casos prácticos reais). O curso será impartido por un subinspector da AEAT con amplia experiencia na docencia e profesional. Representa ademais un dos profesores mellor valorados nas enquisas docentes realizadas polos alumnos nas diferentes facultades nas que ten impartido algun curso.

Entidades organizadoras

Miguel Rodríguez Méndez - Departamento Economía Aplicada

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 08/04/2010 00:00 - 16/06/2010 23:59
Período de matrícula 08/04/2010 00:00 - 14/06/2010 00:00
Período de docencia 08/06/2010 - 17/06/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 30
Número máximo de participantes 90
Créditos teóricos 1.6
Créditos prácticos 1.4
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

- Alumnos/as da Universidade de Vigo
- Titulados universitarios de 1º e 2º ciclo
- Profesionais relacionados coa fiscalidade sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.

Condicións de acceso

1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2. Alumnos/as da Universidade.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Priorizada en base ós dous seguintes criterios :
1º. Alumnos/as de Titulacións de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Na orde de preferencia teranse en conta aqueles alumnos con coñecementos previos de fiscalidade, escomenzando por aqueles matriculados nos últimos cursos.
2º. Orde de preinscripción.

Calendario

- Martes 8 de Xuño de 16h a 20:30h
- Mércores 9 de Xuño de 16h a 20:30h
- Xoves 10 de Xuño de 16h a 20:30h
- Luns 14 de Xuño de 16h a 20:30h
- Martes 15 de Xuño de 16h a 20h
- Mércores 16 de Xuño de 16h a 20h
- Xoves 17 de Xuño de 16h a 20h

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó imposto sobre o valor engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás características básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores (I). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción ó imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Operacións Interiores (II). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Desenrolo adicional de operacións sometidas referidas a entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (I). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as adquisicións intracomunitarias e as importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (II). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo adicional do tratamento fiscal das adquisicións intracomunitarias, importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do feito impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servicios (contraprestación en especie, autoconsumo, etc.). Análise dos Tipos Impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE. Dterminación da Prorrata e as suas modalidades. Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións. Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime. Simplificación na xestión do IVE.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia. Estudio de casos
Discusión e resolución de casos prácticos aplicados a actividades acollidas ós Réximenes Especiais, así como a simplificación na xestión do IVE.

Modo de pagamento

En calquera oficina de Caixanova indicando o nome ou o código do curso. Importe da matrícula: 80,00€ Becas: bolsa de 20,00€ para aqueles alumnos que acrediten ser beneficiarios de becas de estudio universitario por parte do Ministerio de Educación ou Xunta de Galicia.

Impartido en

Aula nº1 da Facultade de Empresariais e Económicas da Universidade de Vigo (CUVI)

Sistema de avaliación

Asistencia e avaliación continua dos coñecementos adquiridos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos