Diseño editorial: Introducción al proceso de maquetación de publicaciones

Información do curso

Diseño editorial: Introducción al proceso de maquetación de publicaciones


Tipo Curso de Formación
Código CFP0017
Nome Diseño editorial: Introducción al proceso de maquetación de publicaciones
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición Neste curso establecerase unha visión ampla do proceso de elaboración dun proxecto de deseño editorial, atendendo tanto aos aspectos puramente formais como a aqueles de carácter máis técnico. Dende a análise das partes que compoñen unha publicación ata a creación dunha retícula base, páxinas maestras, estilos de composición e o axeitado uso da tipografía, procederase á súa aplicación práctica mediante o programa de maquetación Adobe inDesign. O obxectivo final pasa por dotar ao alumnado de tódolos coñecementos necesarios para definir un proxecto de deseño editorial coherente, estéticamente correcto e aplicable a diferentes tipos de publicacións tales como libros, periódicos, revistas, etc.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 19/04/2010 09:30 - 23/04/2010 15:00
Período de matrícula 19/04/2010 10:29 - 23/04/2010 10:29

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos coñecementos teóricos básicos sobre o deseño editoial tradicional e contemporáneo. Aplicar os coñecementos teóricos, estilísticos e técnicos para a correcta maquetación dun proxecto editorial.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

Calendario

26,28,30 de abril, 3,5 e 7 de maio de 2010, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

Introdución á historia do deseño editorial. Partes básicas dunha publicación. Estudo de casos. Elementos propios do deseño nun proxecto editorial. Creación de retículas e páxinas maestras. Disposición tipográfica. Estética tipográfica. Introdución a Adobe InDesign.

Modo de pagamento

Inscrición gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Profesorado

Diego Fernández Pérez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos