Información do curso
Xeometría dinámica con Cabri Geometre
Tipo |
Curso de Formación |
|
Código |
CFP0016 |
Nome |
Xeometría dinámica con Cabri Geometre |
|
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Descrición |
O programa de xeometría dinámica Cabri Geometre é unha potente ferramenta para o ensino da xeometría, nas diferentes etapas do sistema educativo (primaria, secundaria e universidade). O alumnado pode utilizalo para resolver problemas, construir figuras, etc. O profesorado pode utilizalo no aula para explicar se dispón dun proxecto ou pizarra dixital, e mesmo utilizalo para deseñar recursos e subilos á rede. A xeometría dinámica permite que o alumnado comprenda en profundidade as relacións xeométricas entre os elementos, atendendo ao concepto de función, condición necesaria, etc. A xeometría dinámica permite explorar problemas e construccións máis alá dunha certa disposición dos elementos. |
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
986 80 20 80 |
|
· Fax |
986 80 20 82 |
· Enderezo electrónico |
|
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Obxectivos
Coñecer e manexar as posibilidades de Cabri Geometre para a realización de construccións de xeometría plana e descritiva. Coñecer e manexar a posibilidade de implementar as prestacións de Cabri a través do desenvolvemento e aplicación de macroconstruccións. Coñecer e manexar os sistemas para imprimir, exportar e publicar construcións realizadas con Cabri. Coñecer, compartir e discutir as aplicacións didácticas da xeometría dinámica.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
10,15,17,22 e 24 de abril de 2010. Os xoves o horario é de 19.00 a 21.00 horas, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
Programa
Introdución á xeometría dinámica.
Introdución a Cabri (entorno gráfico, menús, área de traballo, ferramentas).
Trazados básicos.
Xeometría plana con Cabri.
Xeometría descritiva con Cabri.
Lugares xeométricos.
Construción e uso de macros.
Macros lóxicas.
Aplicación de macros á xeometría plana.
Aplicación de macros á xeometría descritiva.
Imprimir e exportar arquivos.
Publicación web de applets de Cabri.
Animacións con Cabri.
Xeometría dinámica como recurso didáctico.
Xeometría dinámica e a exploración de problemas.
Modo de pagamento
Inscrición gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campásd e Pontevedra.
Profesorado
Xabier Lorenzo Abalde.