MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS

Información do curso

MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS


Tipo Máster/especialista
Código M1041001
Nome MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 550
Información de contacto:  
 · Teléfono 988368700
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/03/2010 00:00 - 15/03/2010 23:59
Período de matrícula 16/03/2010 00:00 - 31/03/2010 23:59
Período de docencia 01/04/2010 - 30/11/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 60
Créditos teóricos 40
Créditos prácticos 15
Validación de libre elección 27.5

Destinatarios/as

-Titulados/as universitarios.
-Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
-Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
-Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "O PROGRAMA LEADER 2007-2013" ou "A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006":
- Membros da comunidade universitaria, e
- Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Obxectivos

O axente de emprego é un instrumento das políticas activas de emprego que, a nivel local, actuará para identificar demandantes potenciais de traballo (ós que asesorará na selección, tipo de contratación, canal de formación, etc.) e principais bolsas de referentes sen emprego ou sub-empregados (ós que orientará na busca de emprego, formación continua, etc.). Cando o axuste entre demanda e oferta non sexa posible deberá ser quen de facer propostas concretas (formativas, asociativas, incentivos, etc.) ás institucións, tanto locais como supra-locais.
Tendo como fin último o de formar especialistas de alto nivel en tódalas materias relacionadas co mercado de traballo sobre un perfil, ó mesmo tempo, asimilable ó dun axente de desenvolvemento local, o Curso tratará de cubri-los obxectivos seguintes:

1.Proporcionar unha formación nos principios, técnicas e bases documentais que permitan coñecer a nivel local a estructura e evolución do mercado de traballo.

2.Combinar axeitadamente os esquemas conceptuais e técnicos da ciencia empresarial para un adecuado asesoramento das PEME`S en relación coas súas demandas de traballo, da súa selección e da viabilidade do proxecto empresarial.

3.Fornecer ó titulado dun dominio interdisciplinar do marco institucional (lexislativo, axencias, políticas, formación) que incide no mercado de traballo polo lado da oferta e da demanda.

4.Posibilita-la cobertura do asesoramento fiscal e de seguridade social por parte do Axente de Emprego para facilita-las decisións de recrutamento dos demandantes.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de MASTER:
1.titulados/as universitarios.

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "O PROGRAMA LEADER 2007-2013" ou "A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006" dentro do módulo T03:
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

A selección de candidatos farase por un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a)Currículo
b)Adaptación ós obxectivos do curso
c)Entrevista persoal, de considerarse necesaria.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "O PROGRAMA LEADER 2007-2013" ou "A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006" dentro do módulo T03:
a)Adaptación ós obxectivos do curso
b)Orden de preinscripción

Calendario

As clases comenzarán a través de internet a partir do día 1 de abril de 2010 e rematarán o 30 de novembro do mesmo ano.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DO DESENVOLVEMENTO, ESTRUCTURA E EVOLUCIÓN DO EMPREGO A NIVEL LOCAL. MARCO INSTITUCIONAL DE INTERVENCIÓN.
1.ANÁLISE ECONÓMICA DO MERCADO DE TRABALLO, INDICADORES TERRITORIAIS E FONTES ESTATISTICAS A NIVEL LOCAL (1 Crédito).
2.A ESTRATEXIA EUROPEA DO EMPREGO ( 2 Crédito).
3.AS POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO (2 Crédito)

O CONTORNO DO EMPRENDEDOR E A CREACIÓN DE EMPRESAS: A XENERACIÓN DE EMPREGO
1.O EMPRENDEDOR, FERRAMENTAS PARA A ANALISIS DA IDEA EMPRESARIAL (2 Créditos).
2.ELECCION DA FORMA XURIDICA, TRAMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACION DA EMPRESA (2 Créditos).
3.O ESTATUTO DA NOVA EMPRESA( 2 Créditos)
4.DESEÑO DA EMPRESA. MARKETING E INVESTIGACION DOS MERCADOS (2 Créditos).
5.LEXISLACION LABORAL NA CREACION DE EMPRESAS. (2 Créditos).
8.OPCIONS FISCAIS NA CREACION DE EMPRESAS. (2 Créditos)
MARCOS DE FINANCIAMENTO EUROPEO, ESTATAL E AUTONÍMICO PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL, A CREACIÓN DE EMPRESAS E A XENERACIÓN DE EMPREGO.
1.A PROGRAMACION E DISTRIBUCION DOS RECURSOS FINANCEIROS DA UNIÓN EUROPEA (2 Créditos).
2.POLITICA ESTRUCTURAL UE: INSTRUMENTOS FINANCIEIROS E INTERVENCIÓNS. PERIODO 2007/2013. (2 créditos).
3.O FONDO SOCIAL EUROPEO. PROGRAMA OPERATIVO, COFINANCIAMENTO E XESTION DE PROXECTOS. PERSPECTIVAS (2 Créditos).
4. PAC E DESARROLLO RURAL, FEOGA-GARANTIA, FEOGA-ORIENTACIÓN Y FEADER. NOVO FONDO PARA O DESARROLLO RURAL. (2 Créditos).
5.O PROGRAMA LEADER 2007-2013.(2 Créditos).
6.PROGRAMAS DE COOPERACION TRANSNACIONAL. (2 Créditos).
7.FORMACIÓN: MARCO REGULAR E POSIBILIDADES DE FINANCIACIÓN. (2 Créditos).
8.XESTION DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN/EMPREGO: ESCOLAS TALLER E TALLERES DE EMPREGO (2 Créditos).
9.AXUDAS A CREACION DE EMPREGO AUTONOMO, SOCIEDADES LABORAIS, COOPERATIVAS E OUTRAS SOCIEDADES.(2 Créditos).
10.INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE BASE TECNOLOXICA. (2 Créditos).
11.A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006. (2 Créditos).
10.INTRODUCCIÓN Ó COMERCIO EXTERIOR. (1 Crédito).
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRACTICAS
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos.
PROXECTOS FINAIS
Deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.

Modo de pagamento

En calquera oficina de Caixanova indicando o nome ou o código do curso. Importe da matrícula Máster/Especialista: 900,00.-€ coa posibilidade de obtención dunha bolsa de 450,00.-€. Importe da matrícula Curso Complementario: 95,00.-€

Sistema de avaliación

Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos e igualmente terán que superar satisfactoriamente a proba práctica que consistirá no deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.
Para esto se lles dará acceso a través de internet para baixar o temario relativo ás materias incluidas no plano de estudos e facer as consultas necesarias sobre as dudas que se presenten.

Para aqueles alumnos que fagan o curso complementario "O PROGRAMA LEADER 2007-2013" ou "A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA. A LEI 30/2006" dentro do módulo T03:
1.- Asistencia
2.- Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesor do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos