DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUITOS

Información do curso

DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUITOS


Tipo Curso de Formación
Código CFP0015
Nome DESEÑO DE PÁXINAS WEB CON RECURSOS GRATUITOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición De todos é coñecido o gran poder de divulgación que teñen as páxinas web, pola súa facilidade para integrar contidos de moi diversa índole. Ter presenza en Internet resulta imprescindible se, a nivel persoal ou profesional, queremos darnos a coñecer ó mundo. Grazas á crecente difusión de Software gratuíto, isto resulta cada vez máis sinxelo. Cos editores web de código aberto todo o mundo pode crear sitios web de forma rápida, amena e con moi poucos coñecementos. Aproveitando estes e outros recursos gratuitos presentes en Internet, aprenderemos neste obradoiro a crear en pouco tempo o noso propio sitio web.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 983 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 08/02/2010 10:21 - 12/02/2010 10:22
Período de matrícula 08/02/2010 10:16 - 12/02/2010 10:17

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

• Coñecer as características básicas dunha páxina web • Coñecer o proceso básico de creación dunha páxina web • Localizar e obter información, aplicacións, recursos ou elementos multimedia das páxinas de descarga gratuíta de Internet • Coñecer os elementos que conforman o noso código e canle de comunicación: o Imaxe dixital o Cor o Composición o Linguaxe XHTML • Coñecer o manexo básico das ferramentas de creación e publicación web

Condicións de acceso

Matrícula habilitada a través da plataforma Bubela, dende o día 8 ao 12 de febreiro de 2010.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

Calendario

15,18,19,22,24 e 26 de febreiro de 2010, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

1. INTRODUCIÓN • Importancia crecente de Internet como medio publicitario e de comunicación • O papel do deseñador • Software libre: acceso para todos, uso fácil e ameno das aplicacións • Visualización e análise de webs punteiras, páxinas de plantillas web, páxinas de recursos gratuítos… 2. PLANIFICACIÓN DA PÁXINA • A Imaxe dixital: características, tamaño, resolución, modo de cor, formato (extensión) • A cor en internet: sistema RGB - hexadecimal • Estrutura e bosquexo da páxina • Obtención e optimización de imaxes: modificar tamaño e resolución co programa GIMP. Gardar no formato apropiado. 3. MAQUETACIÓN CON LINGUAXE XHTML (Programa KOMPOZER) • Introdución a XHTML • Formato e etiquetas básicas de XHTML • Primeiros pasos con Kompozer: a interface de traballo • Estrutura básica dun documento XHTML i. Propiedades, cor de fondo, etc… da páxina. ii. Inclusión de Texto: títulos, parágrafos, listas… iii. Ligazóns iv. Importar imaxes v. Creación de táboas vi. Creación dun menú • Follas de estilo en cascada CSS para dar formato ao documento 4. PUBLICACIÓN DA PÁXINA • Cliente FTP (FileZilla)

Modo de pagamento

Inscrición gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Observacións

METODOLOXÍA CONTIDOS METODOLOXÍA E RECURSOS Contidos teóricos: Importancia de Internet Papel do deseñador A Imaxe dixital, A cor Introducción á linguaxe HTML Método Expositivo + Interrogativo Recursos necesarios: - Ordenador con conexión a Internet - Canón de proxección Contidos prácticos: Visualización de webs Optimización de Imaxes Montaxe da web con Komposer Publicación con FileZilla Método Demostrativo + Prácticas individuais Recursos necesarios: - Ordenador con conexión a Internet - Canón de proxección - Programas GIMP, KOMPOZER, FILEZILLA (descarga gratuita)

Profesorado

LIDIA NOKONOKO MALVIDO. Licenciada en Belas Artes. Monitora de cursos de Deseño e Infografía. Deseñadora Gráfica e Web en Faro de Vigo (Delegación de Ponteareas).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos