Comunicación e Protocolo: A comunicación corporativa, ferramenta de xestión na empresa e nas institucións
Información do curso
Comunicación e Protocolo: A comunicación corporativa, ferramenta de xestión na empresa e nas institucións
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CX100502 | ||||
Nome | Comunicación e Protocolo: A comunicación corporativa, ferramenta de xestión na empresa e nas institucións |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | O presente curso de "Comunicación e Protocolo: A comunicación corporativa, ferramenta de xestión na empresa e nas institucións" ofrece á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer o actual grao de desenvolvemento desta esencial ferramenta da empresa e as institucións modernas da man de reputados especialistas e investigadores na materia xunto con representantes de empresas e institucións. Este curso é gratuito e pódese validar por un crédito de libre elección. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | |||||
· Fax | |||||
Compartir: |
Descrición
A cultura dunha empresa actúa en dobre sentido na comunicación e na organización. A política de comunicación dunha empresa/institución depende dos niveis de organización e de dirección. Non obstante, a eficiencia do seu sistema de comunicación e a calidade das súas comunicacións son responsabilidade de todos.Independentemente do factor imaxe que proxecta, a calidade das comunicacións está en proporción directa coa adecuada toma de decisións. Unha política global de comunicación constitúe un programa de xestión que atende, tanto ás relacións internas como ás relacións externas da empresa. Dende que en 1983 Chester Barnard dixo que a tarefa máis importante dun executivo era a comunicación, demostrouse continuamente que o que asume tal responsabilidade nunha organización debe ser esencialmente unha persoa comunicativa.
A comunicación organizacional personaliza, distingue e fai coñecer a unha institución. Desenvólvese no seo dunha entidade, destinada a interconectar tanto aos públicos internos como externos e a ambos entre sí. Constitúe un proceso permanente que a organización debe asumir e desenvolver. Da boa relación cos seus públicos depende o éxito da xestión institucional.
Para Norbert Wiener "a comunicación é o cemento que forma as organizacións. Só a comunicación permite a un grupo que pense unido, que sexa unido e que actúe unido".
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 26/04/2005 18:50 - 13/05/2005 12:00 |
---|---|
Período de docencia | 18/05/2005 - 19/05/2005 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 100 |
---|---|
Número máximo de participantes | 500 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria.Especialistas e profesionais da materia.
Interesados en xeral.
Condicións de acceso
Matrícula gratuíta, por rigoroso orde de inscrición.Criterios de selección
Preferentemente a comunidade universitariaCalendario
18-19 de maio de 2005Programa
18 de maio | |
09.0. | Recepción |
10.0. | Conferencia inaugural. Ilmo. Sr. D Alfonso Cabaleiro. Secretario Xeral para as Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia: “La comunicación institucional como ejemplo de comunicación corporativa de las instituciones”. |
11.0. | PRIMEIRO PANEL: -“Los nuevos retos de la comunicación corporativa. La formación de especialistas para las demandas de la moderna empresa”. Prof. Dr. D. Valentín Alejandro Martínez Fernández, profesor titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Director do Máster en Dirección e Comunicación de Empresas da Universidade da Coruña. -“El valor económico de la comunicación corporativa y el capital intelectual: la necesidad de comunicar el valor de los intangibles”. Prof. Dr. D. Pedro Figueroa, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. |
12.0. | Descanso |
12.15. | SEGUNDO PANEL -“El modelo de comunicación corporativa en las empresas transnacionales. El ejemplo de Kraft en Europa”. D. Ricardo Hernández, licenciado en Ciencias da Información, director de Estratexia Corporativa de Kraft Iberia. -“La confrontación creativa: los periodistas, aliados o enemigos frente a las empresas en la comunicación corporativa”. Prof. Dr. D. Fernando Ramos, profesor de Imaxe Corporativa da Universidade de Vigo, |
13.15. | Coloquio debate. Relatora. Dª Elena Lino, avogado, máster en Dirección de Comunicación e Protocolo pola Universidade de Vigo. |
14.00. | Descanso |
16.30. | TERCEIRO PANEL -“La reacción ante la crisis: la imagen turística de Galicia antes y después de la crisis del “Prestige”. Dª Patricia Costa, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, doutoranda en Comunicación pola Universidade de Vigo. -“La red y sus recursos al servicio de la comunicación corporativa”. Prof.Dr. Daniel Martí Pellón, titular de Periodismo da Universidade de Vigo. |
17.30. | Descanso |
17.45. | CUARTO PANEL -“La imagen visual de las compañías cinematográficas de Hollywood: las majors”. Prof. Dº Ana Amorós Pons, titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. |
18.30. | Coloquio debate. Relatora: Profa. Isabel Suárez, profesora de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo. |
19.00. | Fin da xornada. |
19 de maio | |
10.0. | QUINTO PANEL -“El valor de la imagen y la reputación corporativa en los negocios internacionales”. Prof. D. George Hall. M.A. Oxford University. Consultor de Protocolo e Comercio Exterior do Centro Europeo de Innovación e Creación de Empresas. Consultor de Comercio Exterior do Consello Superior de Cámaras de Comercio de España e Profesor de Comercio Internacional e Protocolo do Instituto Español de Comercio Exterior. |
11.0. | Descanso |
11.15. | SEXTO PANEL -“Relaciones públicas cotidianas: el día a día de la gestión de la reputación corporativa”. D. Pati Blanco, director de Relacións Externas de “El Corte Inglés en Galicia”. -“Nueva normativa y mejores usos para el buen gobierno corporativo de las empresas que cotizan en bolsa”. Prof. Dr. D. Manuel Sánchez de Diego, titular de Dereito da Información da Universidade Complutense de Madrid. |
12.15. | Coloquio. Relatora Dª Francia Filardo, directora de Protocolo da Universidade de Carabobo. Valencia. Venezuela |
13.00. | Descanso |
16.30. | SÉPTIMO PANEL -“Estrategas, Estrategias: mitos y realidades de la comunicación corporativa”. Prof.Dr. D. Rafael Alberto Pérez, da Universidade Complutense de Madrid, presidente do Foro Iberoamericano de Estrategos da Comunicación. Socio consultor da empresa consultora “Quamtum Leap”. -“Viejos y nuevos modelos de Relaciones Públicas para las modernas demandas de la eficacia en la comunicación corporativa”. Prof.Dra. D. María Teresa Otero Alvarado, profesora titular de Relacións Públicas da Universidade de Sevilla. Directora do Máster en Relacións Públicas e Protocolo, consultora de Comunicación. |
17.30. | Descanso |
17.45. | OCTAVO PANEL -“Eficacia de la las publicaciones de empresa al servicio de la comunicación corporativa”. Prof.Dr. Pedro Pablo Gutiérrez, titular de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo. |
18.45. | Coloquio. Relatora Dª Isabel Suárez, profesora de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo. |
19.15 | Conferencia de clausura. “El profesional del Protocolo y su función dentro de la comunicación corporativa en la empresa moderna”. Dª. María Carretero, presidenta da Asociación Española de Protocolo. |
20.00 | Lectura de conclusións e clausura. |