Estudos en integración europea

Información do curso

Estudos en integración europea


Tipo Curso de Formación
Código FV030901
Nome Estudos en integración europea
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono
 · Fax
Compartir:

Entidades organizadoras

Centro Europeo de Excelencia Jean Monnet

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/07/2009 00:00 - 31/03/2010 23:59
Período de matrícula 01/07/2009 00:00 - 31/03/2010 00:00
Período de docencia 24/09/2009 - 30/09/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0
Créditos teóricos 20
Créditos prácticos 0

Destinatarios/as

Alumnado de primeiro e segundo ciclo de calquera das titulacións oficiais da Universidade de Vigo

Condicións de acceso

Alumnos/as da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Ter superado ou estar matriculado nun número suficiente de créditos (20) de materias Jean Monnet tal e como se recollen no caderno de Oferta de Materias de Libre Elección para o curso 2009/2010 da Universidade de Vigo

Calendario

O Curso de Formación comeza co inicio oficial do curso académico 2009/2010 e finaliza ao mesmo tempo que este.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
España e a integración europea
Estudio do pensamento europeista en España e das fases polas que pasou a integración de España na CEE, desde 1945 ata a actualidade.
As rexións na construción europea
Analizar a importancia crecente do concepto rexional nas teorías políticas da integración europea. Coñecer o conxunto institucional da cooperación rexional e local en Europa. Estudar o papel xogado polas institucións europeas no afianzamento do fenómeno rexional
Historia da construción europea
Estudiar os principais fitos da construción europea desde 1945 ata o presente. Coñecer os principais actores da mesma. Analizar as institucións e as principais políticas comunitarias en perspectiva histórica.
Introdución a integración europea
Visión introdutora e sintética do proceso de integración europea, con interese nos seus diferentes aspectos económicos, históricos, xurídicos e culturais.
A teoría federal e o proceso de integración política europea
Análise do proceso de construción europea á luz das teorías políticas federalistas e da gobernanza multinivel.
Cooperación xudicial internacional en materia civil, mercantil e laboral
Análise da cooperación xudicial internacional no marco da Unión Europea con especial énfase nos distintos medios existentes para facer realidade o espazo de liberdades e seguridade común.
Constitución Europea
Estudo do procedemento de elaboración do Tratado de Constitución para Europa. Análise do seu contido. Reflexións sobre o estado actual do proceso.
A Unión Europea e a política social
Estudo das principais políticas sociais comunitarias e dos instrumentos financeiros que as fan posibles, desde unha perspectiva politolóxica.
O sistema político da Unión Europea
Estudo das institucións, actores e procesos que conforman o sistema político da Unión Europea
AS RELACIÓNS EXTERIORES DA UNIÓN EUROPEA
Estudo da Unión Europea como actor prioritario nas relacións internacionais con especial referencia ás políticas e instrumentos comunitarios que as fan posible.

Sistema de avaliación

O establecido nos programas oficiais das materias seleccionadas polo alumnado de entre a Oferta de materias Jean Monnet

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos