CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F3030902 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 60 | ||||
Descrición | Curso oriendado á divulgación das potencialidades da cooperativa como fórmula de autoempego e como xeito de artellar e dar viabilidade ao desenvolvemento de actividades económicas en xeral e profesionais en particular, así como a motivar, apoiar e formar adecuadamente en materia cooperativa ás persoas que están a piques de incorporarse ao mundo laboral. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812402 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 10/09/2009 00:00 - 06/10/2009 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 07/10/2009 00:00 - 13/10/2009 00:00 |
Período de docencia | 13/10/2009 - 05/11/2009 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 4.5 |
Créditos prácticos | 1.5 |
Validación de libre elección | 4 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a titulados universitarios e alumnos da Universidade que desexen coñecer as posibilidades de autoemprego que ofrece o cooperativismo e completar a súa formación co coñecemento das fórmulas empresariais de economía social. Tamén está dirixido a profesionais que reúnan os requisitos do Regulamento de títulos propios de posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo.Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
A selección de candidatos farase mediante un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:a) Currucilum vitae.
b) Adaptación ós obxectivos do curso.
c) Entrevista persoal, se se considera necesaria
Calendario
13, 14, 20, 21, 27, 28 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro 2009 de 16 a 21 horas.Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:Presentación do curso e conferencia inaugural
Claves para o futuro profesional que definen a empregabilidade. Emprendemento e traballo de calidade no marco das directrices de U.E.
Mesa redonda sobre o acceso ó mundo laboral
O traballo por conta allea no sector privado e público.
O emprendemento individual e colectivo.
Especial referencia á economía social: o autoemprego e as sociedades laborais.
Presentación da metodoloxía de traballo e-learning (Plataforma Universidade de Vigo), do traballo en equipo e do material docente
Ferramenta de traballo: plataforma Virtual da Universidade de Vigo (Faitic).
Traballo en equipo: creación dunha sociedade cooperativa por grupo.
Material docente: Manual de autoemprego e recursos da páxina web cooperativasdegalicia.com
Marco legal para as sociedades cooperativas galegas
- Ley de cooperativas de Galicia.
- Decreto Consello Galego de Cooperativas.
- Regulamento rexistro de cooperativas de Galicia.
- Estatuto da Sociedade cooperativa europea
O modelo cooperativo como empresa I: Fundamentos
- Concepto
- Os principios cooperativos da ACI.
- A actividade cooperativizada.
- Clases de cooperativas.
- Os socios plenos: admisión e baixa. Dereitos e obrigas. Normas de disciplina social.
- Os socios de traballo.
- Outros tipos de socios e asalariados.
- Os órganos sociais: asamblea xeral, administradores, interventores.
O modelo cooperativo como empresa II: Trámites para a creación dunha Sociedade Cooperativa.
- Trámites para a constitución de sociedades cooperativas.
- Trámites para a inscripción de sociedades cooperativas.
- Elaboración de estatutos sociais: elaboración dos estatutos das sociedades cooperativas creadas polos alumnos.
- Axudas.
- Páxina web: www.cooperativasdegalicia.com
O modelo cooperativo como empresa III: Réxime económico das cooperativas
- Réxime económico das cooperativas.
- Capital social: achegas obrigatorias e voluntarias.
- Os fondos sociais.
- A responsabilidade polas débedas sociais.
- Os resultados: O anticipo laboral nas cooperativas de traballo asociado.
- Distribución de excedentes e imputación de perdas.
- Retorno cooperativos.
O modelo cooperativo como empresa IV: Aspectos contables e fiscais
- Aspectos contables: Documentación social e contabilidade. As contas anuais.
- Aspectos fiscais: A tributación das sociedades cooperativas. O tratamento fiscal dos beneficios
A viabilidade empresarial e societaria. O plan de empresa e as boas prácticas de xestión
- A maduración do proxecto cooperativo.
- Aproximación a elaboración de estudios de viabilidade e plans de empresa.
- Análise das condicións de viabilidade.
- A planificación estratéxica.
- Diagnósticos e ferramentas de planificación e xestión específicas.
Financiamento de proxectos cooperativos I: planificación financeira
- Planificación financeira de proxectos cooperativos
- Traballo en grupo
As cooperativas de traballo asociado e as cooperativas de servicios profesionais e empresariais
- As cooperativas de traballo asociado e as cooperativas de servicios profesionais e empresariais
Exposición de experiencias e debate.
Mesa redonda.
Presentación dos traballos dos equipos
Presentación dos traballos elaborados polos alumnos
Ferramentas para o impulso de proxectos
Mesa redonda sobre o plan estratéxico para o cooperativismo. Novos eidos.
Finanzamento de proxectos cooperativos II
- Fontes de finanzamento de proxectos.
- Relacións coas entidades financeiras.
- Traballo en grupo
Clausura
Clausura do curso
MÓDULOS PRÁCTICOS:
O modelo cooperativo como empresa II: Trámites para a creación dunha sociedade cooperativa
- Trámites para a constitución e sociedades cooperativas.
- Trámites para inscrición de sociedades cooperativas.
- Elaboración de estatutos sociais: elaboración dos estatutos das sociedades cooperativas creadas polos alumnos.
- Axudas.
- Páxina web: www.cooperativasdegalicia.com
O modelo cooeprativo como empresa III; Réxime económico das cooperativas
- Réxime económico das cooperativas.
- Capital social: achegas obrigatorias e voluntarias.
- Os fondos sociais.
- A responsatilidade polas débedas sociais.
- Os resultados: o anticipo laboral nas cooperativas de traballo asociado.
- Distribución de excecentes e imputación de perdas.
- Retorno cooperativo.
O modelo cooperativo como empresa IV: Aspectos contables e fiscais
- Aspectos contables: documentación social e contabilidade. As contas anuais.
- Aspectos fiscais: a tributación das sociedades cooperativas. O tratamento fiscal dos beneficios.
A viabilidade empresarial e societaria. O plan de empresa e as boas prácticas de xestión
- A maduración do proxecto cooperativo.
- Aproximación a elaboración de estudios de viabilidade e plans de empresa.
- Análise das condicións de viabilidade.
- A planificación estratéxica e a xestión cooperativa.
- Diagnósticos e ferramentas de planificación e xestión específicas.
Finanzamento de proxectos cooperativos I: Planificación financeira
- Planificación financeira de rpoxectos cooperativos.
- Traballo en grupo
Finanzamento de proxectos cooperativos II
- Fontes de finanzamento de proxectos.
- Relacións coas entidades financeiras.
- Traballo en grupo
Modo de pagamento
AÍNDA QUE O CUSTO INICIAL DA TAXA DE MATRÍCULA É DE 220 EUROS, O ALUMNADO SOAMENTE PAGARÁ 24 EUROS, DADO QUE ESTÁ PARCIALMENTE SUBVENCIONADO
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación será de carácter global, en base ós resultados obtidos polo alumno, segundo os seguintes criterios:1.- Asistencia: levarase a cabo un control rigoroso sobre a asistencia ó curso. A inasistencia ó 20% total das horas lectivas privará do dereito á obtención do diploma expedido pola Universidade de Vigo.
2.- Realización de diversos cuestionarios on-line.
3.- Avaliación do proxecto de creación da sociedade cooperativa polos grupos de traballo.