DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS
Información do curso
DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS
| Tipo | Curso de Formación | ||||
| Código | CFP0010 | ||||
| Nome | DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | Este curso pretende establecer unha visión ampla do proceso de elaboración dun proxecto de deseño editorial, atendendo tanto aos aspectos puramente formais como a aqueles de carácter máis técnico. Dende a análise das partes que compoñen unha publicación ata a creación dunha retícula base, páxinas maestras, estilos de composición e o axeitado uso da tipografía, procederase á súa aplicación práctica mediante o programa de maquetación Adobe inDesign. O obxectivo final pasa por dotar ao alumnado de tódolos coñecementos necesarios para definir un proxecto de deseño editorial coherente, estéticamente correcto e aplicable a diferentes tipos de publicacións tales como libros, periódicos, revistas, etc.,... |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986802080 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de PontevedraInformación sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | A partir do 13/04/2009 |
|---|---|
| Período de matrícula | A partir do 13/04/2009 |
| Período de docencia | 20/04/2009 - 04/05/2009 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 0 |
Criterios de selección
Orde de prelación. O alumnado solicitará a inscrición durante os días 13 e 14 de marzo de 2009. A matrícula formalizarase no prazo comprendido entre o 15 e o 17 de marzo de 2009, previo pago das taxas, segundo se indica no apartado "Tipo de pagamento".Obxectivos
Dotar ao alumnado dos coñecementos teóricos básicos sobre o deseño editorial tradicional e contemporáneo.Aplicar os coñecementos teóricos, estilísticos e técnicos para a correcta maquetación dun proxecto editorial.
Profesorado
Diego Fernández Pérez.Programa
Introdución á historia do deseño editorial.Partes básicas dunha publicación (estudio de casos).
Elementos propios de deseño nun proxecto editorial.
Creación de retículas e páxinas maestras.
Disposición tipográfica.
Estética tipográfica.
Introdución a Adobe InDesign.


