O IVE na fiscalidade empresarial. Edición 2009

Información do curso

O IVE na fiscalidade empresarial. Edición 2009


Tipo Curso de Formación
Código FX060901
Nome O IVE na fiscalidade empresarial. Edición 2009
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Descrición análise do IVE dende unha perspectica teórico-legal e práctica a traverso do estudio de casos prácticos
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812505
 · Fax 986 812505
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

DEPARTAMENTO ECONOMIA APLICADA

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/04/2009 00:00 - 22/06/2009 23:59
Período de docencia 23/06/2009 - 03/07/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 30
Número máximo de participantes 90
Créditos teóricos 16
Créditos prácticos 14
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

- Alumnos/as da Universidade de Vigo
- Titulados universitarios de 1º e 2º ciclo
- Profesionais relacionados coa fiscalidade sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.

Obxectivos

ó rematar o curso os alumnos terán os coñecementos suficientes para poder enfrentarse á xestión do imposto (IVE) no tráfico empresarial, tanto nas relacións interiores como internacioanis.

Condicións de acceso

1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2. Alumnos/as da Universidade.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Priorizada en base ós dous seguintes criterios :
1º. Alumnos/as de Titulacións de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Na orde de preferencia teranse en conta aqueles alumnos con coñecementos previos de fiscalidade, escomenzando por aqueles matriculados nos últimos cursos.
2º. Orde de preinscripción.

Calendario

- Martes 23 de Xuño de 16h a 20:30h
- Mércores 24 de Xuño de 16h a 20:30h
- Xoves 25 de Xuño de 16h a 20h
- Luns 29 de Xuño de 16h a 20h
- Martes 30 de Xuño de 16h a 20h
- Mércores 1 de Xullo de 16h a 19h
- Xoves 2 de Xullo de 16h a 19h
- Venres 3 de Xullo de 16h a 19h

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó imposto sobre o valor engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás características básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores (I). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción ó imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Operacións Interiores (II). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Desenrolo adicional de operacións sometidas referidas a entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (I). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as adquisicións intracomunitarias e as importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (II). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo adicional do tratamento fiscal das adquisicións intracomunitarias, importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do feito impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servicios (contraprestación en especie, autoconsumo, etc.). Análise dos Tipos Impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE. Dterminación da Prorrata e as suas modalidades. Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións. Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime. Simplificación na xestión do IVE.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia. Estudio de casos
Discusión e resolución de casos prácticos aplicados a actividades acollidas ós Réximenes Especiais, así como a simplificación na xestión do IVE.

Modo de pagamento

Taxas 80 euros con posibilidade de solicitar unha bolsa de 20 euros. En calquera oficina de CAIXANOVA comunicando o nome (Curso de Formación o IVE na fiscalidade empresarial) ou o código do curso (FX060901). Só no caso de que se fixera o pagamento da matrícula por transferencia o número de conta que se debe de dar é 2080 0000 74 0040225994 (CAIXANOVA O.P-VIGO-OUTROS INGRESOS) e dende o estranxeiro ES29 2080 0000 7400 4022 5994 co código SWIFT CAVIES2V, ademais do código do curso, D.N.I./Pasaporte, nome e apelidos.

Impartido en

Facultade de Empresariais e Económicas do Campus de Vigo

Observacións

Para solicitar a matrícula no curso é necesario facer a preinscripcion a traverso da web Bubela, pagar as taxas de matrícula do curso e enviar copia do xustificante bancario xunto con copia do DNI. Aqueles alumnos becarios do Ministerio de Educación ou da Xunta de Galicia que queiran beneficiarse do desconto de 20 euros nas taxas de matrícula deberán aportar ademais xustificación documental da sua condición de becario durante o curso acdémico 2008/09.

Profesorado

Jose Antonio Fernández Pérez - Subinspector da Delegación de Facenda en Vigo

Sistema de avaliación

Asistencia e avaliación continua dos coñecementos adquiridos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos