Información do curso
DESEÑO TIPOGRÁFICO: INTRODUCIÓN Á CREACIÓN DE TIPOGRAFÍA DIXITAL
Tipo |
Curso de Formación |
|
Código |
CFP0008 |
Nome |
DESEÑO TIPOGRÁFICO: INTRODUCIÓN Á CREACIÓN DE TIPOGRAFÍA DIXITAL |
|
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Descrición |
O obxectivo do curso centrarase na introducción básica na manipulación e creación de tipografía nos seus diferentes formatos dixitais. Para iso seguiranse os diferentes procesos á hora de deseñar unha tipografía, dende o debuxo manual e/ou dixital con software de debuxo vectorial (Adobe Illustrator CS3), hasta a aprendizaxe básica das ferramentas específicas para a creación dunha tipografía en formato dixital (FontLab Studio 5.0).
O curso inclúe ademais aspectos teóricos en relación á historia do deseño gráfico e a tipografía, clasificación tipográfica, partes dunha letra, evolución histórica do deseño en relación á tipografía, tendencias e estilos tipográficos actuais.
|
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
|
|
· Fax |
|
· Enderezo electrónico |
|
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos coñecementos básicos para a creación dunha tipografía en formato dixital.
Coñecemento dos pasos a seguir no proceso de creación dunha tipografía, incluíndo as diferentes metodoloxías do debuxo.
Adquisición de coñecementos teóricos básicos sobre a historia do deseño gráfico dos séculos XX e XXI en relación ao deseño tipográfico.
Criterios de selección
O alumnado será seleccionado por rigorosa orde de solicitude, previo pago das taxas de matrícula.
Calendario
31 de marzo, 2,3,14,15 e 17 de abril de 19.00 a 21.00 horas.
Programa
Introdución á historia da tipografía moderna.
Clasificacións tipográficas e partes dunha letra.
Introdución ao debuxo de letras: metodoloxías.
Introdución ao software de creación de tipografía FontLab 5.0
Modo de pagamento
As taxas de matrícula son de 10 euros. Poderase facer o ingreso en calquera sucursal de Caixanova, indicando o código do curso. Unha vez feito o ingreso,achegarase á Secretaría da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra o resgardo de pagamento, ben por fax, correo electrónico ou persoalmente, no prazo do 23 ao 24 de marzo de 2009. Unha vez confirmada a inscrición, procederase á matrícula do curso.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Titulación
Licenciado en Belas Artes
Profesorado
Marcos Dopico Castro