Información do curso
XEOMETRÍA DINÁMICA CON CABRI GEOMETRE
Tipo |
Curso de Formación |
|
Código |
CFP0006 |
Nome |
XEOMETRÍA DINÁMICA CON CABRI GEOMETRE |
|
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Horas |
12 |
Descrición |
O programa de xeometría dinámica Cabri Geometre, é unha potente ferramenta para o ensino de xeometría, nas diferentes etapas do sistema educativo (primaria, secundaria e universidade). O alumnado pode utilizalo para resolver problemas, construir figuras, etc. O profesorado pode utilizalo na aula para explicar se dispón dun proxector ou dunha pizarra dixital, e mesmo utilizalo para deseñar recursos e subilos á rede.
A xeometría dinámica permite que o alumnado comprenda en profundidade as relacións xeométricas entre os elementos, atendendo ao concepto de función, condición necesaria, etc.
A xeometría dinámica permite explorar problemas e construccións máis alá dunha certa disposición dos elementos.
|
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
|
|
· Fax |
|
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Obxectivos
Coñecer e manexar as posibilidades de Cabri Geometre para a realización de construccións de xeometría plana e descriptiva.
Coñecer e manexar a posibilidade de implementar as prestacións de Cabri a través do desenvolvemento e aplicación de macroconstruccións.
Coñecer e manexar os sistemas para imprimir, exportar e publicar construccións realizadas con Cabri.
Coñecer, compartir e discutir as aplicacións didácticas da xeometría dinámica.
Calendario
12 horas, distribuidas e 6 sesións de dúas horas, os xoves pola tarde en horario de 19.00 a 21.00 horas, e os sábados pola mañá de 10.30 a 12.30 horas, durante tres semanas, dende o 19 de febreiro ao 7 de marzo de 2009.
Programa
Introducción á xeometría dinámica.
Introducción a Cabri. ( Entorno gráfico. Menús. Área de traballo. Ferramentas.)
Trazados básicos.
Xeometría plana con Cabri.
Xeometría descriptiva con Cabri.
Lugares xeométricos.
Construcción e uso de macros.
Macros lóxicas.
Aplicación de macros á xeometría plana.
Aplicación de macros á xeometría descriptiva.
Imprimir e exportar arquivos.
Publicación web de applets de Cabri.
Animacións con Cabri.
Xeometría dinámica como recurso didactico.
Xeometria dinámica e a exploración de problemas.
Modo de pagamento
Inscrición gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Profesorado
Xabier Lorenzo Abalde e Horacio González Diéguez.