EMIGRACION E INMIGRACION. ASPECTOS XURIDICO-ECONOMICO E PROCESOS DE INTEGRACION SOCIO-LABORAL

Información do curso

EMIGRACION E INMIGRACION. ASPECTOS XURIDICO-ECONOMICO E PROCESOS DE INTEGRACION SOCIO-LABORAL


Tipo Máster/especialista
Código M1040903
Nome EMIGRACION E INMIGRACION. ASPECTOS XURIDICO-ECONOMICO E PROCESOS DE INTEGRACION SOCIO-LABORAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Información de contacto:  
 · Teléfono 988368700
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 02/03/2009 00:00 - 17/03/2009 00:00
Período de matrícula 18/03/2009 00:00 - 31/03/2009 00:00
Período de docencia 01/04/2009 - 30/11/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 10
Créditos teóricos 31
Créditos prácticos 21
Validación de libre elección 26

Destinatarios/as

-Titulados/as universitarios.
-Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
-Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
-Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Obxectivos

O Obxectivo perseguido có programa docente deseñado é formar profesionais que, ubicados dentro da administración pública , entidades sen ánimo de lucro etc. podan dar cobertura con rapidez é eficacia as demandas de información, asesoramento e xestión que presentan os emigrantes e os inmigrantes.

Hoxe en día existen distintos profesionais coa necesidade e a oportunidade de ter que dar asesoramento a estos colectivos, como poden se-los traballadores dos servicios sociais dos concellos ou os técnicos de emprego dos mesmos onde cada un destes técnicos posúen información sobre aspectos moi concretos dentro da problemáticas dos cidadáns que ata eles se achegan pero que, o afrontar as peculiaridades de ditos colectivos precisan coñecer de xeito claro un conxunto de procedementos e recursos que permitirá que a súa labor final sexa efectiva, as demandas dos emigrantes e inmigrantes non poden ser tratadas de xeito illado senón con visión de conxunto.

Trátase pois de dar unha formación complementaria e específica sobre un amplo colectivo que demanda, cada vez en máis medida unha información e un asesoramento global e de grande cualificación profesional que lles procure a súa integración social e laboral no entorno da realidade na que pretenden asentarse, que lles acerque e facilite a xestión e a consecución das oportunidades que teñen como parte integrante da nosa sociedade e como cidadáns de dereito que son.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de MASTER:
1.titulados/as universitarios.

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Criterios de selección

A selección de candidatos farase por un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a)Currículo
b)Adaptación ós obxectivos do curso
c)Entrevista persoal, de considerarse necesaria.

Calendario

As clases comenzarán a través de internet a partir do 01 de abril de 2009 e rematarán o 30 de novembro de 2009.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
NACIONALIDADE : TRATAMENTO LEXISLATIVO E ADMINISTRATIVO PARA A OBTENCIÓN, RECOÑECEMENTO E DISFRUTE DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA
1.ADQUISION DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA. A DOBRE NACIONALIDADE ( 1 Crédito)
2.MODIFICACIONS DO CODIGO CIVIL EN MATERIA DE NACIONALIDADE. LEY 36/2002. (1 Crédito)
3.PERDIDA E RECUPERACION DA NACIONALIDAD ESPAÑOLA. PROCEDEMENTOS E TRAMITES (1 Crédito)
4.A “NACIONALIDADE EUROPEA”. O ESPACIO SCHENGEN. (0,5 Crédito)
5.FUNCIONAMENTO DO REXISTRO CIVIL EN MATERIA DE NACIONALIDADE. REVISION DE EXPEDIENTES. (0,5 Crédito)
6.A EMIGRACION DE RETORNO. TRAMITES PREVIOS O RETORNO. (0,5 Crédito)
7.TRATAMENTO ADMINISTRATIVO DO EMIGRANTE RETORNADO (0,5 Crédito)
8.COMPETENCIAS E FUNCIONAMENTO DAS EMBAIXADAS E CONSULADOS ESPAÑOLES NA EMIGRACIÓN DE RETORNO. (1 Crédito)

O FENÓMENO MIGRATORIO. FACTORES ECONÓMICOS
1.INTRODUCCION E METODOLOXIA DO MASTER (2 Créditos)
2.O FENOMENO MIGRATORIO EN AMERICA. FACTORES ECONOMICOS( 1 Crédito).
3.O FENOMENO MIGRATORIO EN EUROPA. FACTORES ECONOMICOS (1 Crédito).
4.REPERCUSION ECONOMICA PARA ESPAÑA DA EMIGRACION DE RETORNO (1 Créditos)
5.REPECUSIÓN ECONOMICA PARA GALICIA DA EMIGRACION DE RETORNO (1 Créditos)

ENTRADA E PERMANENCIA EN SOLO ESPAÑOL. PROCEDEMENTO E TRAMITACIÓN DOS VISADOS
1.VISADOS DE ESTANCIA EN SOLO ESPAÑOL. PROCEDEMENTOS E TRÁMITES PARA A SÚA OBTENCION ( 1,5 Créditos)
2. VISADOS DE TRÁNSITO EN SOLO ESPAÑOL. PROCEDEMENTOS E TRÁMITES PARA A SÚA OBTENCIÓN (0,5 Créditos)
3.VISADOS DE RESIDENCIA EN SOLO ESPAÑOL. PROCEDEMENTOS E TRÁMITES PARA A SÚA OBTENCIÓN (2 Créditos).
4.EXENCIÓN DE VISADOS. CONTINXENTE DE TRABAJO ( 1 Créditos)

O SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL E A EMIGRACIÓN
1.- O SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL . ORGANIZACIÓN (0,5 Créditos)
2.- HOMOLOGACIÓN E/OU CONVALIDACIÓNDE TÍTULOS E ESTUDIOS EXTRANXEIROS. PROCEDEMENTOS E TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES (1 Crédito).
3.- CENTROS DE ENSINANZA. FUNCIONAMENTO E FORMA DE INGRESO. (0,5 Créditos)
4.- A UNIVERSIDADES. PROBAS DE APTITUDE PARA O ACCESO . BECAS E AXUDAS PARA O ESTUDIO. PROCEDEMENTO E TRAMITACIÓN (1 Crédito)
5.- A EDUCACIÓN E A XUVENTUDES. UNHA VISIÓN DESDE EUROPA. (0,5 Créditos)
6.-AS CONVALIDACIÓNS E A UNIVERSIDADE DE VIGO (0,5 Créditos)

EMIGRACIÓN E INTEGRACIÓN ECONÓMICA. O ACCESO Ó EMPREGO
1.- O SISTEMA PÚBLICO DE EMPREGO. A ORIENTACIÓN LABORAL. SISTEMAS DE INTEGRACIÓN SOCIO – LABORAL DO EMIGRANTE RETORNADO (1 Crédito).
2.- O AUTOEMPREGO. AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESA (1 Crédito).
3.-PRESTACIÓN POR DESEMPREGO DE NIVEL CONTRIBUTIVO. (0,5 Créditos)
4.- SUBSIDIO POR DESEMPREGO DE NIVEL ASISTENCIAL (0,5 Créditos)

PROTECCIÓN SOCIAL PARA OS EMIGRANTES RETORNADOS
1.- O SISTEMA DE SEGURIDADE SOCIAL. ASISTENCIA SANITARIA . CONVENIOS ESPECIAIS COA SEGURIDADE SOCIAL. (2 Créditos)
2.- SISTEMA DE PENSIÓNS DO INSTITUTO NACIONAL DE SEGURIDADE SOCIAL (2 Créditos)
3.- AXUDAS E PRESTACIÓNS A PERSOAS CON DISCAPACITADES. (1 Crédito)
4.- PRESTACIÓNS ECONÓMICAS NON PERIÓDICAS. (0,5 Créditos)
5.- OUTRAS PRESTACIÓNS (1,5Créditos)

MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRACTICAS
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos.
PROXECTO FINAL
Deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.

Modo de pagamento

1.350 euros de taxas. Contémplase a posibilidade de solicitar unha bolsa por un importe de 400 euros. En calquera oficina de CAIXANOVA comunicando o nome do curso ou o seu código.

Sistema de avaliación

Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos e igualmente terán que superar satisfactoriamente a proba práctica que consistirá no deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.
Para esto se lles dará acceso a través de internet para baixar o temario relativo ás materias incluidas no plano de estudos e facer as consultas necesarias sobre as dudas que se presenten.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos