MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS

Información do curso

MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS


Tipo Máster/especialista
Código M1040901
Nome MÁSTER EN AXENTES DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: PLANIFICACIÓN, FINANCIAMENTO E XESTIÓN DE PROXECTOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 550
Información de contacto:  
 · Teléfono 988368700
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS E TURISMO

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/03/2009 00:00 - 31/03/2009 00:00
Período de docencia 01/04/2009 - 30/11/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos teóricos 35
Créditos prácticos 20
Validación de libre elección 27.5

Destinatarios/as

-Titulados/as universitarios.
-Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
-Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
-Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Obxectivos

O axente de emprego é un instrumento das políticas activas de emprego que, a nivel local, actuará para identificar demandantes potenciais de traballo (ós que asesorará na selección, tipo de contratación, canal de formación, etc.) e principais bolsas de referentes sen emprego ou sub-empregados (ós que orientará na busca de emprego, formación continua, etc.). Cando o axuste entre demanda e oferta non sexa posible deberá ser quen de facer propostas concretas (formativas, asociativas, incentivos, etc.) ás institucións, tanto locais como supra-locais.
Tendo como fin último o de formar especialistas de alto nivel en tódalas materias relacionadas co mercado de traballo sobre un perfil, ó mesmo tempo, asimilable ó dun axente de desenvolvemento local, o Curso tratará de cubri-los obxectivos seguintes:

1.Proporcionar unha formación nos principios, técnicas e bases documentais que permitan coñecer a nivel local a estructura e evolución do mercado de traballo.

2.Combinar axeitadamente os esquemas conceptuais e técnicos da ciencia empresarial para un adecuado asesoramento das PEME`S en relación coas súas demandas de traballo, da súa selección e da viabilidade do proxecto empresarial.

3.Fornecer ó titulado dun dominio interdisciplinar do marco institucional (lexislativo, axencias, políticas, formación) que incide no mercado de traballo polo lado da oferta e da demanda.

4.Posibilita-la cobertura do asesoramento fiscal e de seguridade social por parte do Axente de Emprego para facilita-las decisións de recrutamento dos demandantes.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de MASTER:
1.titulados/as universitarios.

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Criterios de selección

A selección de candidatos farase por un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a)Currículo
b)Adaptación ós obxectivos do curso
c)Entrevista persoal, de considerarse necesaria.

Calendario

As clases comenzarán a través de internet a partir do día 1 de abril de 2009 e rematarán o 30 de novembro do mesmo ano.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DO DESENVOLVEMENTO, ESTRUCTURA E EVOLUCIÓN DO EMPREGO A NIVEL LOCAL. MARCO INSTITUCIONAL DE INTERVENCIÓN.
1.INTRODUCCIÓN E METOLOXIA (2 Créditos).
2.ANÁLISE ECONÓMICA DO MERCADO DE TRABALLO, INDICADORES TERRITORIAIS E FONTES ESTATISTICAS A NIVEL LOCAL (1 Crédito).
3.A ESTRATEXIA EUROPEA DO EMPREGO ( 1 Crédito).
4.AS POLITICAS ACTIVAS E O SERVICIO PUBLICO DE EMPREGO EN GALICIA (1 Crédito)

O CONTORNO DO EMPRENDEDOR E A CREACIÓN DE EMPRESAS: A XENERACIÓN DE EMPREGO
1.INTODUCCION O PLAN DE EMPRESA (1 Crédito).
2.ELECCION DA FORMA XURIDICA, TRAMITES E PROCEDEMENTOS PARA A CREACION DA EMPRESA (1 Crédito).
3.O NOVO MARCO PARA O EMPRENDEDOR: O ESTATUTO DA NOVA EMPRESA( 2 Créditos)
4.DESEÑO DA EMPRESA. MARKETING E INVESTIGACION DOS MERCADOS (2 Créditos).
5.ESTUDIO DO FINANCIAMENTO. COMO FINANCIARSE (2 Créditos).
7.LEXISLACION LABORAL NA CREACION DE EMPRESAS. A XESTION TELEMATICA. SISTEMA REDE. (2 Créditos).
8.OPCIONS FISCAIS NA CREACION DE EMPRESAS. A XESTION TELEMATICA NAS RELACIONS COA ADMINISTRACION TRIBUTARIA (2 Créditos).
9.O PLAN DE EMPRESA (2 Créditos)
MARCOS DE FINANCIAMENTO EUROPEO, ESTATAL E AUTONÍMICO PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL, A CREACIÓN DE EMPRESAS E A XENERACIÓN DE EMPREGO.
1.A PROGRAMACION E DISTRIBUCION DOS RECURSOS FINANCEIROS DA U.E. PLANS DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, MARCOS COMUNITARIOS DE APOIO E PROGRAMAS OPERATIVOS (1,5 Créditos).
2.FONDOS ESTRUCTURAIS E INICIATIVAS COMUNITARIAS (1,5 créditos).
3.O FONDO SOCIAL EUROPEO. PROGRAMA OPERATIVO, COFINANCIAMENTO E XESTION DE PROXECTOS (1 Crédito).
4.DESENVOLVEMENTO RURAL. LEADER E PRODER (1 Crédito).
5.COOPERACION TRANSNACIONAL. INTERREG III (2 Créditos).
6.XESTION DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN/EMPREGO: ESCOLAS TALLER E TALLERES DE EMPREGO (2 Créditos).
7.AXUDAS A CREACION DE EMPREGO AUTONOMO, SOCIEDADES LABORAIS E COOPERATIVAS (2 Créditos).
8.INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE BASE TECNOLOXICA (1 Crédito)
9.INCENTIVOS O DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL E OS NOVOS EMPRENDEDORES. PROGRAMAS DO IGAPE (2 Créditos).
10.FERRAMENTAS DE AXUDA NO INICIO DA ACTIVIDADE EXPORTADORA (2 Créditos).
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRACTICAS
Os alumnos terán que realizar e supera-los test que periodicamente se poñerán a disposición de tales alumnos.
PROXECTOS FINAIS
Deseño e elaboración dun traballo práctico sobre algún dos contidos do programa docente.

Modo de pagamento

900 euros de taxas. Contémplase a posibilidade de solicitar unha bolsa por un importe de 300 euros. Pódese pagar en calquera oficina de CAIXANOVA comunicando o nome do curso ou o seu cógigo.

Sistema de avaliación

O sistema de avaliación será global, en base ós resultados obtidos polo alumno, segundo os seguintes criterios:

1.- Envío de documentación sobre os materias do programa, así como a corrección dos exames tipo test e cadernos de autoavaliación que se lles pasaron ós alumnos tódolos meses ós efectos de facer un seguimento continuado para unha avaliación correcta
2.- Realización dun EXAME OU PROBA XERAL ó fin do Curso de comprobación do aproveitamento das ensinanzas programadas.
3.- Avaliación do PROXECTO FIN DE CURSO sobre unha materia relacionada coas áreas do programa.

Aqueles alumnos que non superen a avaliación correspondente, só se lle expedirá un certificado de asistencia, expedido polo Director/Coordinador do Curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos