Elaboración de guías docentes (Campus de Vigo)

Información do curso

Elaboración de guías docentes (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP2902
Nome Elaboración de guías docentes (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición O curso pretende ensinar aos docentes as estratexias básicas de elaboración de guías docentes adaptadas o Espazo Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS).
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de "Elaboración de guías docentes" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2009. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 08/01/2009 12:00 - 29/01/2009 12:00
Período de docencia 30/01/2009 - 02/03/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Dominar as estratexias básicas de elaboración de guías docentes adaptadas o Espazo Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS).

Criterios de selección

Ofértanse 25 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

30 de Xaneiro, 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de Febreiro e 2 de Marzo de 10:00 a 12:00

Programa

As sesións serán prácticas, precedidas dunha breve introdución teórica, co fin de que cada profesor poida elaborar a guía docente da súa materia.

    Contidos:
  1. Determinación de obxectivos por competencias.
  2. Selección dos contidos básicos da materia.
  3. Definición da metodoloxía docente.
  4. Diversificación de recursos.
  5. Plantexamento de actividades (plan de traballo para os estudantes, tempos de aprendizaxe, papel das titorías individuais e grupais).
  6. Avaliación (técnicas e ferramentas de avaliación).

Impartido en

Aula de informática C5 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan polo menos a oito sesións presenciais completas das dez que ten o curso.

Profesorado

MARGARITA PINO JUSTE

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos