TRATAMENTO DE DATOS CON MICROSOFT EXCEL
Información do curso
TRATAMENTO DE DATOS CON MICROSOFT EXCEL
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CT150901 | ||||
Nome | TRATAMENTO DE DATOS CON MICROSOFT EXCEL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 14079 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Departamento de InformáticaInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 02/02/2009 00:00 - 16/02/2009 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 13/02/2009 00:00 - 26/02/2009 00:00 |
Período de docencia | 02/03/2009 - 12/03/2009 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 5 |
Créditos prácticos | 15 |
Destinatarios/as
Microsoft Excel é una ferramenta de tratamento de datos sinxela, potente e muy versátil, o que fai que sexa moi utilizada en muy diferentes ámbitos profesionais, como as enxeñerías, as ciencias experimentais, económicas e sociais, e outras. Por iso, tanto para o estudante como para o futuro profesional é moi interesante coñecer Excel e as moitas posibilidades que ofrece para manexar e presentar datos, dende os conceptos más básicos ate os avanzados, que é o que pretende este curso.Este curso está preferentemente dirixido a alumnos de calquera titulación do ámbito tecnolóxico ou experimental da Universidad de Vigo. De forma xeral, diríxese a calquera persoa que queira aprender a utilizar Excel como ferramenta para a xestión e o tratamento de datos, adquirindo tanto una formación básica como conceptos avanzados ò respecto.
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Admitiránse preferentemente neste este curso, e nesta orde:- alumnos de titulacións do ámbito tecnolóxico ou experimental da Universidade de Vigo.
- alumnos doutras titulacións da Universidade de Vigo.
- calquera outra persoa que cumpla as condicións de acceso.
- en caso de empate, a admisión será por orde de preinscripción.
Calendario
O curso celebraráse entre o 2 e o 12 de marzo de 2009 ambos inclusive.O horario será de lúns a xoves, de 17:00 a 19:30
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:Conceptos básicos de Microsoft Excel
Conceptos avanzados de Excel
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Introducción de datos e formatos básicos en Excel
Fórmulas e funcións de cálculo, lóxicas e de busca
Creación e personalización de gráficos
Agrupación e totalización de datos. Esquemas e resumos.
Importación e exportación de datos
Introducción às tablas dinámicas
Introducción à busca de obxetivos e ó Solver
Introducción à creación e uso de macros
Modo de pagamento
En calquera oficina de Caixanova preguntando polo nome do curso ou polo seu código. O precio da matrícula para todos os alumnos será de 50 euros.Impartido en
Edificio Fundición, preto das escolas técnicas superiores de Enxeñeiros Industriais e de Enxeñeiros de Minas, no Campus Lagoas-Marcosende, en Vigo.Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 75% das horas presenciais.Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesor do curso.