CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO


Tipo Curso de Formación
Código F3030802
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Descrición O curso está orientado á divulgación das potencialidades da cooperativa como fórmula de autoemprego e como xeito de artellar e dar viabilidade ao desenvolvemento de actividades económicas en xeral e profesionais en particular, así como a motivar, apoiar e formar adecuadamente en materia de cooperativa ás persoas que están a piques de incorporarse ao mundo laboral
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812402
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 24/09/2008 00:00 - 06/10/2008 23:59
Período de matrícula 07/09/2008 00:00 - 09/10/2008 23:59
Período de docencia 13/10/2008 - 05/11/2008

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos teóricos 4.5
Créditos prácticos 1.5
Validación de libre elección 4

Destinatarios/as

O curso está destinado a titulados universitarios e alumnos da Universidade que desexen coñecer as posibilidades de autoemprego que ofrece o cooperativismo e completar a súa formación co coñecemento das fórmulas empresariais de economía social. Tamén está dirixido a profesionais que reúnan os requisitos do Regulamento de títulos propios de posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

A selección de candidatos farase mediante un Comité de Admisión integrado por representantes do profesorado e das entidades financiadoras, en base a:
a) Currucilum vitae.
b) Adaptación ós obxectivos do curso.
c) Entrevista persoal, se se considera necesaria

Calendario

13, 14, 20, 21, 27, 28 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro 2008 de 16 a 21 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Presentación do curso e conferencia inaugural
Claves para o futuro profesional que definen a empregabilidade. Emprendemento e traballo de calidade no marco das directrices de U.E.
Mesa redonda sobre o acceso ó mundo laboral
O traballo por conta allea no sector privado e público.
O emprendemento individual e colectivo.
Especial referencia á economía social: o autoemprego e as sociedades laborais.
Presentación da metodoloxía de traballo e-learning (Plataforma Universidade de Vigo), do traballo en equipo e do material docente
Ferramenta de traballo: plataforma Virtual da Universidade de Vigo (Faitic).
Traballo en equipo: creación dunha sociedade cooperativa por grupo.
Material docente: Manual de autoemprego e recursos da páxina web cooperativasdegalicia.com
Marco legal para as sociedades cooperativas galegas
- Ley de cooperativas de Galicia.
- Decreto Consello Galego de Cooperativas.
- Regulamento rexistro de cooperativas de Galicia.
- Estatuto da Sociedade cooperativa europea
O modelo cooperativo como empresa I: Fundamentos
- Concepto
- Os principios cooperativos da ACI.
- A actividade cooperativizada.
- Clases de cooperativas.
- Os socios plenos: admisión e baixa. Dereitos e obrigas. Normas de disciplina social.
- Os socios de traballo.
- Outros tipos de socios e asalariados.
- Os órganos sociais: asamblea xeral, administradores, interventores.
O modelo cooperativo como empresa II: Trámites para a creación dunha Sociedade Cooperativa.
- Trámites para a constitución de sociedades cooperativas.
- Trámites para a inscripción de sociedades cooperativas.
- Elaboración de estatutos sociais: elaboración dos estatutos das sociedades cooperativas creadas polos alumnos.
- Axudas.
- Páxina web: www.cooperativasdegalicia.com
O modelo cooperativo como empresa III: Réxime económico das cooperativas
- Réxime económico das cooperativas.
- Capital social: achegas obrigatorias e voluntarias.
- Os fondos sociais.
- A responsabilidade polas débedas sociais.
- Os resultados: O anticipo laboral nas cooperativas de traballo asociado.
- Distribución de excedentes e imputación de perdas.
- Retorno cooperativos.
O modelo cooperativo como empresa IV: Aspectos contables e fiscais
- Aspectos contables: Documentación social e contabilidade. As contas anuais.
- Aspectos fiscais: A tributación das sociedades cooperativas. O tratamento fiscal dos beneficios
A viabilidade empresarial e societaria. O plan de empresa e as boas prácticas de xestión
- A maduración do proxecto cooperativo.
- Aproximación a elaboración de estudios de viabilidade e plans de empresa.
- Análise das condicións de viabilidade.
- A planificación estratéxica.
- Diagnósticos e ferramentas de planificación e xestión específicas.
Financiamento de proxectos cooperativos I: planificación financeira
- Planificación financeira de proxectos cooperativos
- Traballo en grupo

As cooperativas de traballo asociado e as cooperativas de servicios profesionais e empresariais
- As cooperativas de traballo asociado e as cooperativas de servicios profesionais e empresariais
Exposición de experiencias e debate.
Mesa redonda.
Presentación dos traballos dos equipos
Presentación dos traballos elaborados polos alumnos
Ferramentas para o impulso de proxectos
Mesa redonda sobre o plan estratéxico para o cooperativismo. Novos eidos.
Finanzamento de proxectos cooperativos II
- Fontes de finanzamento de proxectos.
- Relacións coas entidades financeiras.
- Traballo en grupo
Clausura
Clausura do curso
MÓDULOS PRÁCTICOS:
O modelo cooperativo como empresa II: Trámites para a creación dunha sociedade cooperativa
- Trámites para a constitución e sociedades cooperativas.
- Trámites para inscrición de sociedades cooperativas.
- Elaboración de estatutos sociais: elaboración dos estatutos das sociedades cooperativas creadas polos alumnos.
- Axudas.
- Páxina web: www.cooperativasdegalicia.com
O modelo cooeprativo como empresa III; Réxime económico das cooperativas
- Réxime económico das cooperativas.
- Capital social: achegas obrigatorias e voluntarias.
- Os fondos sociais.
- A responsatilidade polas débedas sociais.
- Os resultados: o anticipo laboral nas cooperativas de traballo asociado.
- Distribución de excecentes e imputación de perdas.
- Retorno cooperativo.
O modelo cooperativo como empresa IV: Aspectos contables e fiscais
- Aspectos contables: documentación social e contabilidade. As contas anuais.
- Aspectos fiscais: a tributación das sociedades cooperativas. O tratamento fiscal dos beneficios.
A viabilidade empresarial e societaria. O plan de empresa e as boas prácticas de xestión
- A maduración do proxecto cooperativo.
- Aproximación a elaboración de estudios de viabilidade e plans de empresa.
- Análise das condicións de viabilidade.
- A planificación estratéxica e a xestión cooperativa.
- Diagnósticos e ferramentas de planificación e xestión específicas.
Finanzamento de proxectos cooperativos I: Planificación financeira
- Planificación financeira de rpoxectos cooperativos.
- Traballo en grupo
Finanzamento de proxectos cooperativos II
- Fontes de finanzamento de proxectos.
- Relacións coas entidades financeiras.
- Traballo en grupo

Modo de pagamento

Taxas por curso completo: 24€

Observacións

Validable por 4 créditos de libre elección.

Sistema de avaliación

O sistema de avaliación será de carácter global, en base ós resultados obtidos polo alumno, segundo os seguintes criterios:
1.- Asistencia: levarase a cabo un control rigoroso sobre a asistencia ó curso. A inasistencia ó 20% total das horas lectivas privará do dereito á obtención do diploma expedido pola Universidade de Vigo.
2.- Realización de diversos cuestionarios on-line.
3.- Avaliación do proxecto de creación da sociedade cooperativa polos grupos de traballo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos