Claves para o manexo seguro do gas nitróxeno
Información do curso
Claves para o manexo seguro do gas nitróxeno
| Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
| Código | SPRLFVI2600201 | ||||
| Nome | Claves para o manexo seguro do gas nitróxeno |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 3 | ||||
| Descrición | A finalidade desta formación é proporcionar ferramentas para a manipulación adecuada e segura de gas nitróxeno empregado no entorno universitario. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 81 40 88 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
(FREMAP) Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
(SPRL) Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 19/10/2026 08:30 - 22/10/2026 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 10/11/2026 - 10/11/2026 |
Prazas e créditos
| Número máximo de participantes | 50 |
|---|
Destinatarios/as
Investigadores/as, técnicos/as de laboratorio e persoal de conserxaría que manipulen gas nitróxeno no entorno universitario.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
O persoal traballador admitido, recibirá o 23 de outubro un mail do SPRL confirmando a súa admisión co enlace ao formulario de FREMAP, que deberá encher obrigatoriamente para realizar a inscripción definitiva antes do día 28 de outubro.
Obxectivos
- Saber identificar as características e os riscos principais do gas nitróxeno.
- Identificar aquelas prácticas seguras no almacenamento e transporte.
- Coñecer os criterios para o manexo seguro e a actuación en caso de emerxencia.
Profesorado
D. Javier Martínez Barahona: Enxeñeiro Químico, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercancías Perigosas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais tres especialidades (Seguridade, Hixiene Industrial e Ergonomía). Como especialista en risco químico, desde a súa incorporación a FREMAP no ano 2017 asesora a empresas e participa en numerosas actividades de divulgación e formación.
Programa
- Introdución.
- Principais riscos para a saúde e a seguridade.
- Criterios sobre o almacenamento e transporte de nitróxeno.
- Boas prácticas na utilización de nitróxeno.
- Medios de protección.
- Actuacións en caso de emerxencias.
Calendario
Data: martes 10 de novembro de 2026
Horario: das 09.00 h. ás 12.00 h.
Impartido en
Sala de seminarios.
Torre CACTI.
Campus Lagoas-Marcosende
VIGO
Observacións
As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso enviando un mail ao SPRL (sprl.administracion@uvigo.gal) cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.


