Estratexias fronte ao malestar emocional (Lagoas-Marcosende)

Información do curso

Estratexias fronte ao malestar emocional (Lagoas-Marcosende)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVI2600101
Nome Estratexias fronte ao malestar emocional (Lagoas-Marcosende)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 1.5
Descrición

Falar con naturalidade do malestar e as debilidades da saúde mental e entender os seus mecanismos e estratexias.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (FREMAP) e Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo (SPRL).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/09/2026 08:20 - 17/09/2026 23:59
Período de docencia 07/10/2026 - 07/10/2026

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Persoal docente, investigador (PDI) e Persoal técnico de administración e servizos (PTXAS) da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

De ser admitido/a, o SPRL enviarálle o 21 de setembro un mail confirmando a súa admisión co enlace ao formulario de FREMAP que deberá encher obrigatoriamente para realizar a inscripción definitiva, antes do día 24 de setembro as 14 horas.

Obxectivos

Coñecer estratexias que nos fagan sentir mellor fronte o malestar emocional.

Profesorado

David Piélago.

Licenciado en Psicoloxía do Traballo. Experto universitario en técnicas de relaxación para reducir o estrés. Posgrao especialista en Neuropsicoloxía e Rehabilitación cognitiva.

Programa

Malestar e benestar emocional son dúas caras da saúde mental.

Trastornos mentais comúns e problemas emocionais.

Sensibilidade e escoita activa.

Como pedir axuda se sentes que che faltan forzas.

Practicar a serenidade, para pensar con claridade, e observarnos a nós mesmos con amabilidade.

Calendario

Mércores, 7 de outubro de 2026

De 09:00 a 10:30 horas.

Impartido en

Edificio Miralles Sala 1.

Campus Lagoas-Marcosende

Vigo

Observacións

As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso enviando un mail ao SPRL (sprl.administracion@uvigo.gal) cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos