Curso de linguaxe administrativa e xurídica
Información do curso
Curso de linguaxe administrativa e xurídica
| Tipo | Curso de idiomas | ||||
| Código | ANL00016.251125 | ||||
| Nome | Curso de linguaxe administrativa e xurídica |
|
|||
| Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
| Horas | 40 | ||||
| Descrición | Este curso quere achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun nivel de calidade que se corresponda co uso propio da lingua galega en ámbitos administrativos e xurídicos. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 813 574 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 02/02/2026 09:00 - 20/02/2026 14:00 |
|---|---|
| Período de docencia | 07/04/2026 - 04/05/2026 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 15 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 30 |
| Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Condicións de acceso
Persoas con formación avanzada en lingua galega.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Achegar os recursos suficientes para redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun alto nivel de calidade.
- Analizar os trazos máis significativos da linguaxe administrativa e xurídica e as principais dificultades que atopa no seu desenvolvemento.
- Conseguir un modelo de lingua de calidade, que corrixa as inercias e as dependencias do castelán.
- Analizar os erros máis frecuentes que se cometen na redacción de textos xurídicos e administrativos desde o punto de vista gramatical.
- Coñecer as claves para elaborar documentos eficaces e saber aplicar as convencións na estrutura de documentos.
Profesorado
Tagen Ata
Programa
- Claves para a redacción (3 horas)
- O léxico xurídico e administrativo (4 horas)
- Os castelanismos (3 horas)
- A lingua e as súas estruturas (3 horas)
- O verbo (4 horas)
- Modernizar a escrita (3 horas)
- Signos gráficos e puntuación (3 horas)
- Abreviacións (3 horas)
- Maiúsculas e minúsculas (4 horas)
- Recursos tipográficos (4 horas)
- Linguaxe non-sexista (3 horas)
- Renovar a linguaxe xurídica (3 horas)
Calendario
É un curso virtual asíncrono.
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual asíncrono.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 6 de maio, de 17.00 a 17.45 h


