Educación en valores: Conclusións persoais e avaliación. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Información do curso
Educación en valores: Conclusións persoais e avaliación. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV260012 | ||||
Nome | Educación en valores: Conclusións persoais e avaliación. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Neste espazo propóñese unha revisión compartida das aprendizaxes adquiridas, a través de dinámicas de autoavaliación, intercambio de experiencias e reflexión colectiva sobre os cambios persoais e grupais experimentados.
As persoas participantes son convidadas a identificar os valores que consideran fundamentais para unha convivencia universitaria respectuosa, así como a elaborar compromisos persoais e propostas de mellora.
O obxectivo desta sesión é integrar as aprendizaxes previas, reforzar a conciencia ética e emocional, e consolidar o compromiso co respecto, a diversidade e o bo trato dentro da comunidade universitaria.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 10/02/2026 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 11/02/2026 08:30 - 17/02/2026 23:59 |
Período de docencia | 24/02/2026 - 24/02/2026 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Avaliar o proceso formativo e as aprendizaxes adquiridas ao longo do ciclo.
- Favorecer a autoavaliación e a reflexión persoal sobre valores e convivencia.
- Promover o intercambio de experiencias e aprendizaxes colectivas.
- Elaborar compromisos individuais para a mellora da convivencia universitaria.
- Pechar o ciclo reforzando o compromiso co respecto, a diversidade e o bo trato.
Profesorado
Félisindo Estévez García (Educador social).
Calendario
Martes, 24 de febreiro 2026, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.