Educación en valores: reparación do dano causado. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Información do curso

Educación en valores: reparación do dano causado. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA


Tipo Outros cursos
Código UNDIV260011
Nome Educación en valores: reparación do dano causado. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria.

Información de contacto:  
 · Teléfono 647 343033
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Sesión baseada nos principios da educación en valores e da xustiza restaurativa, orientada á reparación do dano e á reconstrución dos vínculos interpersoais.

Abórdase o proceso de asumir responsabilidades, expresar arrepentimento e reconstruír a confianza a través do diálogo.

Mediante dinámicas grupais e actividades reflexivas, promóvese unha aprendizaxe significativa sobre o valor da reparación e a corresponsabilidade social.

O obxectivo é consolidar unha cultura universitaria baseada na empatía, a ética do coidado e a educación como ferramenta de transformación.

Entidades organizadoras

Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/10/2025 08:30 - 27/01/2026 23:59
Período de matrícula 28/01/2026 08:30 - 03/02/2026 23:59
Período de docencia 10/02/2026 - 10/02/2026

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Estudantado

PDI

PTXAS

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Obxectivos

  • Comprender os principios da xustiza restaurativa e da educación en valores.
  • Aprender a asumir responsabilidades e reparar o dano causado.
  • Promover o diálogo e a mediación.
  • Fomentar a ética do coidado e da cooperación.
  • Consolidar unha cultura universitaria baseada na responsabilidade e no respecto.

Profesorado

Félisindo Estévez García (Educador social).

Calendario

Martes, 10 de febreiro 2026, de 15:30 horas a 18:30 horas.

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense. 

Titulación

Todas as titulacións

Sistema de avaliación

As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.

O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos