Aproximación ao acoso por diversidades no ámbito universitario. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Información do curso
Aproximación ao acoso por diversidades no ámbito universitario. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250008 | ||||
Nome | Aproximación ao acoso por diversidades no ámbito universitario. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Obradoiro centrado en identificar e analizar as formas específicas de acoso e discriminación que afectan ás persoas por razón de diversidade sexual, cultural, funcional...
A través de estudos de caso, reflexións grupais e dinámicas de rol, examínanse os mecanismos de exclusión, as consecuencias emocionais e as respostas institucionais e comunitarias posibles.
Tamén se aborda o papel da observación activa e da denuncia, así como a necesidade de crear protocolos e espazos seguros dentro da universidade.
O obxectivo é dotar ás persoas participantes de coñecementos e ferramentas para recoñecer o acoso, intervir de maneira adecuada e fomentar a corresponsabilidade colectiva na súa prevención.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 02/12/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 03/12/2025 08:30 - 09/12/2025 23:59 |
Período de docencia | 16/12/2025 - 16/12/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Comprender o concepto de acoso por razón de diversidade.
- Identificar sinais e consecuencias das situacións de acoso.
- Coñecer o marco normativo e os procedementos de intervención universitaria.
- Promover actitudes proactivas de detección, acompañamento e denuncia.
- Fomentar unha cultura institucional de tolerancia cero ante a discriminación.
Profesorado
Félisindo Estévez García (Educador social).
Calendario
Martes, 16 de decembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.