Educación e Intelixencia Emocional. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Información do curso

Educación e Intelixencia Emocional. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA


Tipo Outros cursos
Código UNDIV250007
Nome Educación e Intelixencia Emocional. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria.

Información de contacto:  
 · Teléfono 647 343033
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Neste obradoiro explórase a importancia da intelixencia emocional como ferramenta esencial para a convivencia, a aprendizaxe e o benestar persoal.

A sesión pretende fomentar a toma de conciencia sobre como a educación emocional contribúe á prevención da violencia, á mellora da convivencia e á creación dun clima de respecto e colaboración.

Entidades organizadoras

Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/10/2025 08:30 - 25/11/2025 23:59
Período de matrícula 26/11/2025 08:30 - 02/12/2025 23:59
Período de docencia 09/12/2025 - 09/12/2025

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Estudantado

PDI

PTXAS

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Obxectivos

  • Identificar e comprender as emocións propias e alleas.
  • Desenvolver habilidades de autorregulación emocional e empatía.
  • Fomentar a comunicación emocional positiva e a resolución construtiva de conflitos.
  • Recoñecer a relación entre benestar emocional e convivencia saudable.
  • Promover a intelixencia emocional como ferramenta educativa e social.

Profesorado

Félisindo Estévez García (Educador social).

Calendario

Martes, 9 de decembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense. 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.

O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos