Desfibrilación externa semiautomática (DESA) - Vigo mañá

Información do curso

Desfibrilación externa semiautomática (DESA) - Vigo mañá


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLAVI2500302
Nome Desfibrilación externa semiautomática (DESA) - Vigo mañá
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 5
Descrición

Curso de formación para o manexo de desfibrilador semiautomático externo (DESA), recomendado especialmente para o persoal dos centros de traballo da Universidade de Vigo que dispoñan de desfibrilador.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.

Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vítaly).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/10/2025 08:30 - 22/10/2025 23:59
Período de docencia 30/10/2025 - 30/10/2025

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 6
Número máximo de participantes 8

Destinatarios/as

Persoal docente, investigador e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Condicións de acceso

Ter unha relación laboral coa Universidade de Vigo nas datas da realización do curso.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Obxectivos

Adquirir a técnica de reanimación cardiopulmonar básica.

Aprender a manexar o DESA (desfibrilador semiautomático externo).

Profesorado

Julio Villa Villimer

Técnico Emerxencias Sanitarias, Instructor RCP e DESA, Instructor Soporte Vital Básico.

Programa

CONTIDOS TEÓRICOS

  • Introducción ao curso. Obxectivos formativos.
  • Valoración básica da persoa inconsciente.
  • Primeiras actuacións ante unha persoa inconsciente.
  • Arritmias malignas. Morte súbita. Parada cardíaca.
  • Cadea de supervivencia. Descrición detallada dos seus elos.
  • Sistemas de emerxencia extrahospitalarios.
  • Primer intervinte.
  • Soporte vital básico. Protocolos.
  • Desfibrilación. Lexislación da comunidade autónoma.
  • Lexislación a nivel nacional.
  • O desfibrilador semiautomático e/ou automático. Protocolos, funcionamento e mantemento.
  • Resolución de problemas. Casos especiais. Seguridade.
  • Consideracións éticas e legais da intervención.
  • Recollida de datos.

CONTIDOS PRÁCTICOS

  • Soporte vital básico cun reanimador.
  • Soporte vital básico con dous reanimadores.
  • Práctica en situacións especiais.
  • Mantemento da vía área permeable e apoio á ventilación con balón de resucitación.
  • Desfibrilador automático/semiautomático.
  • Práctica integrada de soporte vital básico e desfibrilación con desfibrilador externo semiautomático.

Calendario

Data: xoves 30 de outubro de 2025

Horario: 09:00 h. a 14:00 h.

Impartido en

Facultade de Filoloxía e Tradución.

Pavillón Central. Aula sala de estudos.

Observacións

As persoas admitidas poderán renunciar ao curso ata dous días hábiles anteriores á data do seu comezo; en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas en calquera curso que se convoque durante un prazo de seis meses, agás no suposto de que queden prazas vacantes.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos