Convivencia e Diversidades. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Información do curso
Convivencia e Diversidades. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250006 | ||||
Nome | Convivencia e Diversidades. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Esta sesión céntrase na comprensión da convivencia como proceso dinámico e compartido entre persoas con experiencias, identidades e valores diversos.
Partindo da realidade plural da Universidade de Vigo, trabállanse conceptos como interculturalidade, diversidade afectivo-sexual e funcional, equidade e respecto mutuo.
A metodoloxía combina exercicios de autocoñecemento e análise de situacións reais co debate colectivo sobre o papel de cada persoa na construción dun clima inclusivo.
O obxectivo principal é fortalecer as competencias socioemocionais e comunicativas necesarias para convivir nun espazo plural, reducindo prexuízos e mellorando as relacións interpersoais.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 18/11/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 19/11/2025 08:30 - 26/11/2025 23:59 |
Período de docencia | 02/12/2025 - 02/12/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Reflexionar sobre a convivencia nun contexto plural e diverso.
- Valorar a diversidade como fonte de enriquecemento social e cultural.
- Mellorar as competencias comunicativas e emocionais para a convivencia.
- Promover a inclusión e a cooperación interpersoal.
- Reforzar o sentimento de pertenza e respecto mutuo na comunidade universitaria.
Profesorado
Félisindo Estévez García (Educador social).
Calendario
Martes, 2 de decembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.