Vínculos afectivos. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.

Información do curso

Vínculos afectivos. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.


Tipo Outros cursos
Código UNDIV250004
Nome Vínculos afectivos. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición

Obradoiro de dúas horas impartido polo centro Quérote+ Ourense, centrado na educación afectivo-sexual integral como ferramenta para a prevención das violencias e a promoción do bo trato.

Información de contacto:  
 · Teléfono 647 343033
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Explóranse diferentes modelos de relación e formas de vinculación afectivo-amorosa, traballando o consentimento, a responsabilidade afectiva e a xestión das emocións nas relacións.

Os contidos inclúen a comunicación emocional e o respecto mutuo. O obxectivo é facilitar a toma de conciencia sobre a importancia do coidado propio e alleo nas relacións persoais, promovendo relacións igualitarias e saudables.

Entidades organizadoras

Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/10/2025 08:30 - 28/10/2025 23:59
Período de matrícula 29/10/2025 08:30 - 05/11/2025 23:59
Período de docencia 18/11/2025 - 18/11/2025

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Estudantado

PDI

PTXAS

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Obxectivos

  • Fomentar o bo trato como marco de referencia nas relacións interpersoais.
  • Reflexionar sobre os diferentes modelos de relación e vinculación afectivo-amorosa.
  • Promover a responsabilidade afectiva, tanto na vinculación como na desvinculación.
  • Traballar o consentimento e a comunicación emocional como eixos do respecto mutuo.

Profesorado

Responsables do centro Quérote + Ourense. 

Calendario

Martes, 18 de novembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense. 

Titulación

Todas as titulacións

Sistema de avaliación

As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.

O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos