CHEMSEX, un uso sexualizado das drogas. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Información do curso
CHEMSEX, un uso sexualizado das drogas. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250003 | ||||
Nome | CHEMSEX, un uso sexualizado das drogas. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA. |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo, a través da Unidade de Diversidade, impulsa este programa de obradoiros destinado á prevención das violencias por diversidade e á promoción dunha cultura universitaria baseada no respecto, a igualdade o bo trato. O ciclo combina formación teórica, dinámicas participativas e espazos de diálogo, co fin de fomentar unha convivencia máis inclusiva, libre de prexuízos e discriminacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 34 30 33 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Realizado por Apoio Positivo, este obradoiro aborda o fenómeno do Chemsex, é dicir, o uso de drogas no contexto de relacións sexuais.
Analízanse as súas dimensións sociais, psicolóxicas e sanitarias, ofrecendo información rigorosa sobre riscos, prevención e coidados.
O enfoque é de redución de danos e promoción da saúde, afastado do estigma, e procura ofrecer un espazo seguro para comprender as motivacións, consecuencias e posibilidades de acompañamento e axuda.
Entidades organizadoras
Universidade de Vigo. Unidade de Diversidade.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 14/10/2025 08:30 - 22/10/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 23/10/2025 08:30 - 29/10/2025 23:59 |
Período de docencia | 04/11/2025 - 04/11/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Comprender o fenómeno do chemsex e os factores que o motivan no contexto das relacións sexuais.
- Ofrecer información veraz sobre riscos, coidados e prácticas seguras.
- Previr condutas de risco mediante estratexias de redución de danos.
- Reflexionar sobre os vínculos entre sexualidade, saúde mental e consumo de substancias.
- Promover unha mirada libre de estigma e unha sexualidade responsable, consciente e saudable.
Profesorado
Asociación Apoio Positivo Ourense.
Calendario
Martes, 4 de novembro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.