A realidade de non ver: movéndonos e comprendendo o espazo. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Información do curso
A realidade de non ver: movéndonos e comprendendo o espazo. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250002 | ||||
Nome | A realidade de non ver: movéndonos e comprendendo o espazo. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA. |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | Formación a cargo do CRE-ONCE de Pontevedra, dirixida a sensibilizar sobre a experiencia das persoas con discapacidade visual. A Universidade de Vigo, a través da Unidade de Diversidade, impulsa este programa de obradoiros destinado á prevención das violencias por diversidade e á promoción dunha cultura universitaria baseada no respecto, a igualdade o bo trato. O ciclo combina formación teórica, dinámicas participativas e espazos de diálogo, co fin de fomentar unha convivencia máis inclusiva, libre de prexuízos e discriminacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 34 30 33 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O obradoiro combina información teórica sobre accesibilidade e dereitos co aprendizaxe vivencial, experimentando limitacións visuais e explorando como adaptarse e comprender o espazo desde outras percepcións.
O propósito é fomentar unha universidade máis accesible, empática e inclusiva, recoñecendo as capacidades diversas como parte esencial da comunidade universitaria.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 21/10/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 22/10/2025 08:30 - 26/10/2025 23:59 |
Período de docencia | 28/10/2025 - 28/10/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Achegarse á realidade das persoas con discapacidade visual desde unha perspectiva vivencial.
- Comprender as barreiras físicas e sociais que dificultan a accesibilidade e a participación plena.
- Desenvolver a empatía e a comprensión das diferentes formas de percibir e habitar o espazo.
- Promover a accesibilidade universal como valor educativo e institucional.
- Fomentar a corresponsabilidade na creación dunha universidade inclusiva e accesible para todas as persoas.
Profesorado
Centro de Recursos Educativos (CRE)- ONCE.
Calendario
Martes, 28 de outubro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Na sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.