Diversidades en convivencia: un mosaico de diálogo e respecto. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Información do curso
Diversidades en convivencia: un mosaico de diálogo e respecto. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA.
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV250001 | ||||
Nome | Diversidades en convivencia: un mosaico de diálogo e respecto. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA. |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo, a través da Unidade de Diversidade, impulsa este programa de obradoiros destinado á prevención das violencias pola diversidade e á promoción dunha cultura universitaria baseada no respecto e o bo trato. O ciclo combina formación teórica, dinámicas participativas e espazos de diálogo, co fin de fomentar unha convivencia máis inclusiva, libre de prexuízos e discriminacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este obradoiro céntrase na construción colectiva dun mosaico de diálogo intercultural e diverso, partindo da idea de que a diversidade é un valor que enriquece e fortalece as comunidades.
A través de dinámicas colaborativas, promóvese a empatía, a escoita activa e a resolución pacífica de conflitos, favorecendo a creación de espazos seguros onde todas as persoas poidan ser e expresarse libremente.
Busca tamén dotar ás persoas de ferramentas prácticas para a convivencia nos espazos académicos e sociais.
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 14/10/2025 08:30 - 19/10/2025 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 15/10/2025 08:30 - 19/10/2025 23:59 |
Período de docencia | 21/10/2025 - 21/10/2025 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Reflexionar sobre a diversidade como un valor colectivo e transformador.
- Promover o diálogo e a cooperación como ferramentas de resolución pacífica de conflitos.
- Reforzar as habilidades sociais e a empatía na convivencia universitaria.
- Sensibilizar sobre o impacto das actitudes discriminatorias no clima social e educativo.
- Construír colectivamente estratexias para crear espazos seguros, inclusivos e equitativos.
Profesorado
Antía Pousa Pérez. Cooperativa Xeracción Ourense
Calendario
Martes, 21 de outubro 2025, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.