Primeiros auxilios (Vigo-mañá)
Información do curso
Primeiros auxilios (Vigo-mañá)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLAVI2500202 | ||||
Nome | Primeiros auxilios (Vigo-mañá) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal dos equipos de primeiros auxilios e demais persoal que forma parte dos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo, aínda que a formación en primeiros auxilios resulta recomendable para todo o persoal traballador. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.
Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vítaly).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/09/2025 08:30 - 23/09/2025 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 30/09/2025 - 30/09/2025 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 7 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
Persoal docente, investigador e personal técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade de Vigo.
Condicións de acceso
Ter unha relación laboral coa Universidade de Vigo nas datas de realización do curso.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Obxectivos
Adquirir os coñecementos máis elementais para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopen nunha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade.
Profesorado
Francisco Javier Álvarez Martíns: Técnico Emerxencias Sanitarias, Instructor RCP e DESA, Instructor Soporte Vital Básico.
Programa
- Xeneralidades
- Apoio vital básico. Prácticas de RCP
- Obstrución das vías aéreas por corpo estraño
- Choque
- Sangrado
- Traumatismo
- Contusións
- Escordaduras e distensións
- Luxacións
- Fracturas
- Queimaduras
- Feridas
- Corpos estraños
- Convulsións
Calendario
Data: martes 30 de setembro de 2025
Horario: de 09.00 h. a 13.00 h.
Impartido en
Sala 2 do Edificio Miralles.
Observacións
As persoas admitidas poderán renunciar ao curso ata dous días hábiles anteriores á data do seu comezo; en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas en calquera curso que se convoque durante un prazo de seis meses, agás no suposto de que queden prazas vacantes.