Publicidade e consumo. Cidadáns e consumidores
Información do curso
Publicidade e consumo. Cidadáns e consumidores
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2040403 | ||||
Nome | Publicidade e consumo. Cidadáns e consumidores |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo e mailo Instituto Galego de Consumo teñen establecido un
Convenio de Cooperación para desenvolver actividades académicas e formativas de
cara a utilización dos recursos da Universidade. Trátase de difundir o coñecemento das
accións que desenvolve a Xunta de Galicia na creación dun estado de opinión
cara ó consumo responsable e analizar cientificamente as repercusións da
publicidade no fenómeno do consumo compulsivo. Curso gratuito validable por un crédito de libre elección. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801999 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
A Universidade de Vigo e mailo Instituto Galego de Consumo teñen establecido un Convenio de Cooperación para desenvolver actividades académicas e formativas de cara a utilización dos recursos da Universidade, ó traveso dos seus especialistas nas Ciencias da Comunicación, na formación de expertos en Publicidade e Consumo. Trátase de levar ós universitarios o coñecemento das accións que desenvolve a Xunta de Galicia na criación dun estado de opinión cara ó consumo responsable e analizar cientificamente as repercusións da publicidade no fenómeno do consumo compulsivo. A este curso está aberto, ademais ós funcionarios dos servicios de Consumo da Xunta e os concellos de Galicia, coa arela de renova-los seus coñementos nas materias nas que se desenvolve a cotío o labor de asesoramento e defensa dos cidadáns fronte o abuso e o engano.Este curso complementario oriéntase cara aos estudantes de Ciencias da Comunicación, Dereito, Económicas, Socioloxía, Formación de Profesorado e Empresariais, ademais de todos aqueles interesados no coñecemento dunha serie de materias de enorme importancia na vida dos cidadáns. O curso, ao pór en contacto ao alumnado co mundo profesional, abre novos horizontes profesionais e saídas para o alumnado das devanditas carreiras, xa que terán a ocasión de tomar contacto con funcionarios da Xunta de Galicia, os concellos e destacados especialistas nas materias propostas de España e o estranxeiro.
Entidades organizadoras
Facultade de Ciencias Sociais e da ComunicaciónColabora:
Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia
Director:
Prof.Dr. Fernando Ramos
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 25/10/2004 10:47 - 22/11/2004 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 24/11/2004 - 25/11/2004 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 400 |
Créditos teóricos | 3.26 |
Validación de libre elección | 1 |
Condicións de acceso
Para poder obter o diploma do curso, é preciso ser membro da comunidade universitaria de Vigo ou acreditar uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.Calendario
Pontevedra 24-25 de Novembro de 2004Programa
Día 24 de novembro
9.00. Conferencia inaugural. “Dos vellos mercados ós novos consumidores, unha
perspectiva sentimental”. Dr. D. Enrique de Aguinaga, catedrático emérito de
Periodismo da Universidade Complutense de Madrid. Decano dos cronistas da Vila
de Madrid. Ex delegado municipal de Abastos, Mercados e Consumo do Concello de
Madrid.
10.00. “A nova proposta de Directiva da Prácticas Desleais. Xiro normativo na
publicidade”. D. Eugenio Ribón, advogado, asesor da CEACCU. Confederación
Española de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios.
11.00. Pausa
11.10 “O ouvinte como obxectivo. A eficacia da mensaxe publicitaria na radio”.
Dra. D. Aurora García, profesora de Periodismo. Universidade de Vigo. .
12.00 “O uso da publicidade en galego. Unha perspectiva desde o consumidor”.
Dr. D. Benigno Fernández Salgado, profesor titular de Língua Galega,
Universidade de Vigo.
12.45. “Publicidade, consumo e consumidores. Unha visión desde a empresa de
servicios”. Dª Gemma Ginér Pardo, Directora de Marketing de Unión FENOSA.
13.30. Táboa Redonda. Interveñen tódolos conferenciantes anterior. Relatora
Isabel Suárez, profesora de Publicidad e RR.PP. Universidade de Vigo
14.0. Fin da xornada de mañá.
16.30. “Anovación e avangarda na publicidade televisiva dirixida a un
consumidor de símbolos sociais”. Dra Mónica Valderrama, profesora de
Publicidad e RR.PP. Universidade de Vigo e periodista.
17.15. “A publicidade de emplazamento, ¿Unha nova fronteira paraa publicidade
ilícita? Dr. D. Fernando Ramos, profesor titular de Dereito da Información e
a Publicidade. Universidade de Vigo.
18.0. Pausa
18.10 “A eficacia das mensaxes publicitarias. Análise dun caso práctico”. Dr.
D. Ubaldo Cuesta, catedrático de Publicidade e Relaciones Públicas. Director do
Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade II, da Universidade
Complutense de Madrid
19.0. Táboa Redonda. Interveñen tódolos conferenciantes anteriores. Relatora
Elena Lino, licenciada en Dereito. Máster en Dirección de Comunicación e
Protocolo pola Universidade de Vigo
19.30. Fin da xornada.
Día 25 de novembro
9.30 “O lector de prensa como consumidor. A figura do defensor do lector na
prensa española”. Dr. D. Josep María Casasús i Guri, catedrático de Periodismo
da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, defensor do lector de “La
Vanguardia.
10.30 “A publicidade vencellante”. Dr.D. Teodoro González Ballesteros,
catedrático de Dereito da Información da Universidade Complutense de Madrid.
11.0 Pausa
11.10. “A publicidade comparativa. Riscos e aventaxes para o consumidor” Dr. D.
Anxo Tato Plaza, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo.
Secretario do Xurado da Publicidade de Autocontrol.
12.00 “A eficacia da publicidade diante das actitudes dos consumidores: 30 anos
despois”. Premio Nacional de Investigación do mismo título de 1974, editado
polo Instituto Nacional de Publicidad en 1977. Dr. Rafael Alberto Pérez,
profesor titular de Publicidade e RR.PP. da UCM., estratega de la comunicación.
13.00. Táboa Redonda. Interveñen tódolos conferenciantes anteriores. Relatora
Beatriz Senra, licenciada en Económicas. Máster en Dirección de Comunicación e
Protocolo pola Universidade de Vigo
.
13.30. Pausa
16.30. Os consumidores e os servicios bancarios. Dereitos e deberes”. D. Gonzalo
Gómez González, advogado, Director da Asesoría Xurídica de Caixanova.
17.30. Conferencia de clausura: “Consumidores e usuarios en Europa.As demandas
dos cidadáns diante dos poderes públicos. Un novo estilo da Administración. D.
Manuel de Novaes Cabral. Licenciado en Dereito. Director dos Servicios da
Presidencia de la Cámara Municipal de Oporto. Secretario Xeral da Asamblea de
Rexións Europeas Vinícolas.
18.30. Clausura.