Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios
Información do curso
Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLFVI2500101 | ||||
Nome | Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | A finalidade da xornada é ofrecer unha serie de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Establecemento de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios.
Sobre os gases utilizados en laboratorios coñeceranse:
- As súas características e riscos principais
- Os criterios de almacenamento
- Normativa de aplicación
- Boas prácticas de manipulación e transporte
- Actuación en caso emerxencias
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo, FREMAP Mutua de Accidentes de Traballo
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 26/03/2025 08:00 - 31/03/2025 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 09/04/2025 - 09/04/2025 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 75 |
Destinatarios/as
Responsables dos laboratorios, persoal técnico de laboratorio, persoal docente e investigador e aquel persoal que manexe gases e estea exposto aos riscos que estes xeran.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Obxectivos
A finalidade da presente Xornada de "Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios" é dar unha serie de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios.
Profesorado
D. Javier Martínez Barahona, Enxeñeiro Químico, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercadorías Perigosas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade, Hixiene Industrial e Ergonomía. A súa actividade profesional está centrada no asesoramento a empresas asociadas nos aspectos relacionados co risco químico, participando en numerosas actividades de divulgación e formativas.
Programa
Módulo 1: Axentes químicos perigosos
Normativa de aplicación
Criterios de sinalización e etiquetaxe.
Xestión da información química: Fichas de datos de seguridade
Obrigacións do empresario e traballadores
Módulo 2: Almacenamento de produtos químicos nun laboratorio
Normativa de referencia: Regulamento de Almacenamento de Produtos Químicos
Criterios de almacenamento para gases: ITC APQ 5 Botellas e Botellóns
Armarios de seguridade
Criterios de mantemento e revisións
Módulo 3: Manipulación de gases en laboratorios
Boas prácticas na utilización de gases en laboratorios.
Criterios sobre o transporte de botellas a presión
Instalacións centralizadas de gases.
Medios de protección
Actuacións en caso de emerxencias
Calendario
Mércores, 9 de abril de 10.00 ás 13.00 horas.
Impartido en
Campus Lagoas-Marcosende
Edificio Miralles Aula I
Observacións
De ser admitido/a, o SPRL enviarálle o 1 de abril un mail confirmando a súa admisión co enlace ao formulario de FREMAP que deberá encher obrigatoriamente para realizar a inscripción definitiva, antes do día 4 de abril as 14 horas.
As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.