Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (3ª edición)
Información do curso
Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (3ª edición)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | EXPFUECD03 | ||||
Nome | Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (3ª edición) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 5 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801973 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Presentación
A Unión Europea ofrece financiamento para a realización de proxectos orientados ao desenvolvemento socioeconómico. Xa que logo, constitúe unha oportunidade tanto para entidades privadas como para as administracións públicas que desexan impulsar proxectos innovadores de diverso tipo. A cotío, están en marcha convocatorias que contemplan diversos instrumentos de financiamento coas súas características e criterios de avaliación.
A Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD) oferta este Obradoiro para iniciar aos participantes na elaboración de proxectos acollidos a convocatorias promovidas pola Unión Europea. A actividade combina a achega duns mínimos contidos teóricos coa formulación de candidaturas a nivel práctico. Deste xeito, agardase aumentar as habilidades e capacidades prácticas dos participantes para incrementar as posibilidades de empregabilidade nun eido con alta demanda en universidades ou consultorías.
Entidades organizadoras
Celso Cancela Outeda
Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración
Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD)
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 07/01/2025 10:05 - 20/02/2025 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 25/02/2025 - 27/02/2025 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 50 |
Destinatarios/as
Estudantes universitarios (Dirección e Xestión Pública, Dereito, Economía, ADE, etc.), empregados públicos e público interesado, en xeral.
Obxectivos
O obxectivo xeral consiste na iniciación dos participantes na elaboración e xestión de proxectos de convocatorias promovidas pola Unión Europea
Criterios de selección
Orde de inscrición en Bubela
Calendario
Martes 25 e xoves 27 de febreiro de 2025
Horario: 16 a 18:30h.
Programa
Contidos
- Introdución: Unión Europea e políticas públicas
- Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
- Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
- Como elaborar e presentar unha proposta europea?
- Consideracións finais: recomendacións e consellos
Modo de pagamento
Non requerido
Impartido en
Campus Remoto da Universidade de Vigo
Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
Profesorado
Celso Cancela Outeda, Profesor titular de Ciencia Política e da Administración, Universidade de Vigo
Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación, Universidade de Vigo
Sistema de avaliación
Asistencia ao 85% das sesións previstas e entrega dunha tarefa final titorizada.