Galego hoxe

Información do curso

Galego hoxe


Tipo Curso de idiomas
Código ANL49.161224
Nome Galego hoxe
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 40
Descrición

Curso destinado a todas as persoas que desexen escribir en galego con corrección e de xeito cómodo e sinxelo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/01/2025 09:00 - 14/02/2025 14:00
Período de docencia 25/02/2025 - 04/04/2025

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Achegármonos aos conceptos de estándar da lingua galega e do conxunto de lingua galega e do conxunto de linguas do mundo.

2. Acadar coñecementos e criterios de elaboración do estándar da lingua galega e da súa normativa oficial.

3. Coñecer os aspectos ortográficos necesarios para escribir correctamente en galego e adquirir os recursos precisos para corrixir os empregos incorrectos.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual asíncrono.

 

Programa

Tema 0. Itinerario inicial (2 horas)

Tema 1. O artigo (3 horas)

Tema 2. Os demostrativos (3 horas)

Tema 3. Os numerais (3 horas)

Tema 4. Outros determinantes (3 horas)

Tema 5. Que, quen, canto e outros pronomes (3 horas)

Tema 6. As terminacións das palabras I (2 horas)

Tema 7. As terminacións das palabras II (2 horas)

Tema 8. Palabras de ortografía dubidosa (3 horas)

Tema 9. CT, CC e outros encontros de consoantes (3 horas)

Tema 10. Adverbios, preposicións e conxuncións (3 horas)

Tema 11. Como acentuar (2 horas)

Tema 12. O verbo (3 horas)

Tema 13. O pronome persoal (3 horas)

Tema 14. Itinerario final (2 horas)

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual asíncrono.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1,3 crédito ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Profesorado

Tagen Ata

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 9 de abril, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos