Atención á diversidade e inclusión no ámbito universitario

Información do curso

Atención á diversidade e inclusión no ámbito universitario


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPDIVER24
Nome Atención á diversidade e inclusión no ámbito universitario
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 16
Descrición

A universidade debe garantir a igualdade de oportunidades proporcionando unha boa formación, independentemente das características, particularidades ou limitacións das alumnas e alumnos. A súa misión é atender de forma equitativa a todas as persoas da comunidade universitaria.
Os obxectivos deste curso son: familiarizar ao profesorado coas necesidades educativas máis habituais do alumnado no ámbito universitario e coas estratexias metodolóxicas e de avaliación máis axustadas as súas necesidades diferenciais. Favorecer actitudes positivas para o desenvolvemento de aulas inclusivas que contribúan a construír unha universidade plural e diversa que aposte pola inclusión.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Diversidade. Contou coa colaboración de Mar García Señorán.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/11/2024 12:00 - 26/11/2024 23:59
Período de docencia 04/12/2024 - 12/12/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e quen sexa responsable PIUNE no seu centro.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Sensibilizar ao profesorado coas necesidades educativas máis frecuentes no ámbito universitario.
  • Propor estratexias para atención do alumnado con necesidades educativas nas aulas e nas titorías.
  • Proporcionar pautas para a avaliación do alumnado con necesidades educativas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 4, 5, 11 e 12 de decembro de 16 a 19 horas.
O curso terá 4 horas de titorías.

Programa

- Cuestións xerais da atención á diversidade.
- Trastornos específicos de aprendizaxe (características principais, recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado).
- TDAH (características principais, recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado).
- TEA (características principais, recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado).
-Problemas emocionais (dificultades máis destacables, estratexias de detección e recomendacións para o profesorado).

Impartido en

Impartirase a través do Campus remoto e de Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

É Profesor Asociado que compaxina o seu labor como orientador educativo nas etapas de educación infantil, primaria e secundaria. Imparte docencia no Grao en Educación Infantil e en varios mestrados da Universidade de Vigo. Forma parte do grupo de investigación Psicoloxía da Educación e Desenvolvemento da UVigo GiPEDUvi (HI9) no que desenvolve liñas de investigación relacionadas cos procesos cognitivos, atención á diversidade e orientación educativa.

Carlos Vila Lago

É licenciado e doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con habilitación como Mediador Familiar en Galicia. Desde 1991, traballa no Instituto Psicolóxico para a Investigación e o Cambio. Coordinou diferentes programas de inserción laboral e mediación intercultural e conta con experiencia en psicoloxía forense. Así mesmo, foi profesor asociado de Psicoloxía Social nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela ata o 2021.

Hipólito Puente Carracedo

É licenciado e doutor en Psicoloxía, licenciado en Pedagoxía, diplomado en Logopedia e mestre.

É Catedrático de Orientación Educativa desde o 200 8 e foi Profesor Asociado da Universidade de Vigo do 2004 ata o 2021. É vicedecano do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde 2002 e membro electo da División de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología de España e do Comité Nacional de Acreditación EuroPsy.

Sistema de avaliación

Para obter a certificación final hai que obter a cualificación “Apto/Apta” no curso e por tanto ten que cumprir os criterios de avaliación seguintes:
- Asistencia polo menos do 80% das sesións síncronas.
- Superación dun cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta teña catro respostas e unha soa sexa a correcta.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos