E ti, sabes como actuar ante o acoso sexual e o acoso por razón de sexo?
Información do curso
E ti, sabes como actuar ante o acoso sexual e o acoso por razón de sexo?
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | ACS20245 | ||||
Nome | E ti, sabes como actuar ante o acoso sexual e o acoso por razón de sexo? |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813419 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Formación teórico-práctica para informar, formar e sensibilizar sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo. Esta acción formativa tamén pretende dar a coñecer os recursos de atención, acompañamento, reparación e sanción do acoso sexual e por razón de sexo que existen na Universidade de Vigo.
Entidades organizadoras
Unidade de Igualdade
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/11/2024 12:15 - 11/11/2024 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 11/11/2024 - 11/11/2024 |
Destinatarios/as
Toda a comunidade universitaria
Condicións de acceso
Ningunha
Criterios de selección
Ata compretar prazas dispoñibles (máximo 20 persoas).
Obxectivos
Formar á comunidade universitaria sobre a importancia da igualdade de xénero para a convivencia académica, profesional e social.
Sensibilizar sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito universitario.
Dar a coñecer os recursos de atención, acompañamento, reparación e sanción do acoso sexual e por razón de sexo que existen na Universidade de Vigo.
Orientar sobre como actuar ante situacións, comportamentos e condutas inapropiadas de natureza sexual ou en función do sexo.
Profesorado
María López Vázquez, pedagoga e orientadora especializada en xénero.
Programa
A orixe das violencias machistas: a desigualdade.
Prevención, detección e actuación ante o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito universitario.
A universidade como espazo seguro: que facer ante unha posible situación de acoso sexual ou por razón de sexo na UVigo.
Modo de pagamento
Non procede. Formación subvencionada.
Impartido en
Galego