Reunións eficaces (presenciais e en liña)
Información do curso
Reunións eficaces (presenciais e en liña)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPREU24 | ||||
Nome | Reunións eficaces (presenciais e en liña) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Desenvolver reunións eficaces non só axuda a optimizar o tempo, senón tamén, mellora a comunicación, axuda á toma de decisións dun xeito máis rápido e efectivo, aumenta a produtividade, reduce os conflitos e fomenta diferentes habilidades de liderado. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 28/10/2024 12:00 - 28/11/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 16/12/2024 - 19/12/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
-
Optimizar as reunións en liña, utilizando ferramentas eficaces e unha distribución do tempo, acorde aos obxectivos da reunión.
-
Adquirir as técnicas necesarias para facer as reunións de traballo máis rendibles, curtas e satisfactorias.
-
Analizar os principios psicolóxicos polos que se rexe a conduta das persoas nas reunións de traballo.
-
Analizar os procedementos máis adecuados para coordinar o traballo dun equipo a través de reunións ben planificadas e desenvolvidas.
-
Aplicar os procedementos máis adecuados para xestionar e controlar as situacións difíciles e/o complicadas.
-
Dar continuidade ao traballo desenvolvido nas reunións, mediante a asignación, rexistro, seguimento e control das decisións e acordos tomados no desenvolvemento das mesmas.
-
Mellorar a realización de informes e documentos que conleva o rexistro e xestión das reunións de traballo.
-
Establecer plans de actuación que concreten e materialicen os acordos adoptados nas reunións, promovendo seguimentos e intervencións a curto, medio e longo prazo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 16, 17, 18 e 19 de decembro de 16 a 19 horas.
Programa
- Reunións como ferramenta básica para o traballo en equipo. Como conseguir reunións produtivas, intelixentes e satisfactorias para os/as compoñentes do equipo de traballo?
- Defectos dalgunhas reunións de traballo:
- Reunións esgotadoras e interminables.
- Comézase con atraso e faltan obxectivos claros.
- Proceso de comunicación deficiente, con interrupcións frecuentes.
- Individualismos, protagonismos persoais e obxectivos ocultos.
- Non se toman decisións ou estas son defectuosas.
- Esquécense os acordos tomados. - Reunións en liña: características, ferramentas, precaucións, xestión do tempo e da plataforma utilizada.
- Desenvolvemento dunha reunión: control do tempo, intervención dos/as participantes, consecución dos obxectivos.
- Formas eficaces de manexo das situacións tensas e complicadas.
- Informes, documentos e actas a realizar despois de cada reunión.
- Plan de acción, seguimento, avaliación e control das decisións, acordos e compromisos xerados.
Impartido en
Campus virtual.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo a partir de 21 días despois da súa finalización.
Profesorado
Ramiro Canal Martínez
Estudou Psicoloxía, Psicoloxía educativa e Psicoloxía empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.
Ten experiencia en impartición de formación a profesorado universitario sobre competencias transversais.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso. Será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
- Superación das actividades de avaliación.